• As nosas exposicións sobre obra de Laxeiro dispoñibles en flickr

    O Catálogo Universal de Laxeiro, unha obra pioneira en Galicia na que por primeira vez se levou a cabo a catalogación completa dun artista galego, permítenos poder ofrecer ao público, mediante a ferramenta flickr, as imaxes coas súas fichas completas, das obras que foron incluídas nas diversas exposicións realizadas sobre a obra do artista.

  • Visitas guiadas

    Comeza o programa de visitas guiadas á Colección permanente e ás exposicións temporais

  • Laxeiro, Catálogo Universal

    Por primeira vez en Galicia leva a cabo un proxecto destas características no que se recolle a totalidade da produción artística do artista José Otero Abeledo, Laxeiro (Lalín, 1908-Vigo, 1996). Un ambicioso proxecto que é froito de dez anos de investigación por parte da Fundación Laxeiro que agora ve a luz, nunha cuidadísima publicación realizada por Nova Galicia Edicións.

  • Colección permanente

    A Colección permanente da Fundación Laxeiro mostra un total de 64 obras, doadas polo artista á cidade de Vigo, a través das que se mostra a evolución da súa pintura ao longo da súa vida.

Destacados

Mar Vicente. Object and Painting

A artista Mar Vicente (Valadouro, Lugo, 1979) presenta esta publicación que recolle toda a súa traxectoria dende 2006 ata 2018 e que completa a primeira publicación, editada pola Fundación Laxeiro con motivo da Bolsa concedida en 2006 e que recollía toda a súa traxectoria ata aquel ano

Faílde. Anatomía da pedra

A Fundación Laxeiro trae a Vigo a exposición do único escultor pertencente ao grupo de Os novos e o único escultor que participou con Laxeiro, Carlos Maside, Isaac Díaz Pardo, Julia Minguillón, Manuel Pesqueira e Manuel Prego de Oliver na exposición titulada Artistas Gallegos, na galería Velázquez de Bos Aires, en 1951, organizada polo Centro Gallego de Bos Aires.

portada de Alfa Omega

Presentación do libro “Alfa Omega / Anticristo Superstar” de Julián Rodríguez Novo

A Editorial Discursiva presenta o último libro de Julián Rodríguez Novo (Vigo, 1979), titulado Alfa Omega / Anticristo Superstar. O acto levarase a cabo na Fundación Laxeiro o 31 de maio ás 19.00h

Francisco Curra-sen título

Francisco Curra. O abstracto e o concreto

FICHA TÉCNICA Título Francisco Curra. O abstracto e o concreto. Fotografías 1988-2005Comisariado Javier Pérez BujánTipo de obra FotografíaLugar Fundación Laxeiro. r/Policarpo Sanz, 15, 3º, VigoInauguración Venres, 5 de abril, 19.00hClausura Domingo, 9 de…

Catálogo Laxeiro

  • Laxeiro
  • Laxeiro
  • Laxeiro
  • Laxeiro
  • Laxeiro
  • Laxeiro
  • Laxeiro
  • Laxeiro
  • Laxeiro
  • Laxeiro
  • Laxeiro
  • Laxeiro

Conecta con Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2019 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo