Premio Laxeiro, 2024: María Xosé Queizán

Licenciada en Filoloxía Galegoportuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela (promoción 1978), exerceu de profesora de Lingua Galega e Literatura en varios institutos de Vigo.

O seu compromiso co pensamento e a cultura galega enmárcase no mundo da escrita e tamén en diversas iniciativas teatrais, editoriais, e de reivindicación feminista dende épocas ben temporás. No caso do seu pensamento feminista, destacan ideas novidosas como a colonización sexual, a posta en cuestión da idea tradicional de maternidade biolóxica e a creación literaria non androcéntrica.

O seu amor pola literatura, que sempre entendeu como un compromiso vital máis alá do feito de escribir, levouna, en 1959 a crear a compañía Teatro de Arte e Ensaio da Asociación da prensa de Vigo e, en 1967, a compañía Teatro Popular Galego e, en 1983, a revista Festa da palabra silenciada, cuxo consello de redacción estaba integrado só por mulleres, como un xesto de afirmación e reivindicación da creación literaria feminina. Tivo ademais unha participación moi activa en organizacións como Feministas Independentes Galegas (FIGA) e chegou ser vicepresidenta do Consello Municipal da Muller do concello de Vigo. En 1996 dirixiu o I Encontro de mulleres poetas peninsulares e das illas.

Nos anos sesenta viviu en París, onde coñeceu a literatura francesa daqueles anos que influíu intensamente na súa primeira novela, A orella no buraco, coa que entra a formar parte do que se chamou Nova literatura galega.

Ademais do seu labor creativo nos eidos da novela, o relato curto, o teatro, a poesía, o cinema e o ensaio, traduciu a autoras como Marguerite Yourcenar, Karen Blixen, Emilia Pardo Bazán e Charlotte Perkins, nunha inquietude de dotar ás letras galegas dun corpus da literatura universal feminina.

O Premio Laxeiro 2024 recoñece en María Xosé Queizán un labor continuado no tempo e unha evidente independencia e liberdade creativa e de pensamento que fai desta creadora, pensadora e axitadora, un exemplo de compromiso coa cultura galega a través da creación e o pensamento.

Premios e recoñecementos

Finalista del Premio Álvaro Cunqueiro en 1989 con Antígona, a forza do sangue.

Premio de la Xunta de Galicia polo giuón de cinema Prisciliano.

Nomeamento como socia honorífica de la AELGA (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) en 1998.

En 1998 inaugurouse en Vigo o Parque da escritora María Xosé Queizán.

Premio Voz da Liberdade no 2011, outorgado polo PEN Clube de Galicia.

Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia en 2013.

Recoñecemento do feminismo galego en 2018.

Premio da Cultura Galega (Letras), 2017.

Premio Lois Peña Novo en 2018. ​

Recoñecemento do feminismo galego en 2018.

Premio Otero Pedrayo en 2018.

Premio de Igualdade Ernestina Otero en 2019 del Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade do concello de Vigo. ​

Premio na Gala do Libro Galego 2019 da Federación de Librarías de Galicia.

Premio Laxeiro 2024

Outros Premios Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo