Premio Laxeiro 2023: Xesús Alonso Montero

Nacido en Vigo o 28 de novembro de 1928, Xesús Alonso Montero é filólogo e historiador da literatura galega.

Licenciouse en Filosofía e Letras (especialidade de Filoloxía Románica) na Universidade Central de Madrid no ano 1953. Tres anos despois converteuse en catedrático de Lingua e Literatura Españolas de escolas de maxisterio e, en 1959, seríao de instituto. Doutorouse en Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca coa tese Lengua y estilo de Curros Enríquez en su poesía gallega, no ano 1966. Transcorridos oito anos, converteuse en profesor titular de Literatura Española na USC (Colexio Universitario de Vigo) e, en 1989, de Literatura Galega. Chegou a ser, no ano 1991, catedrático de Literatura Galega e, en 1999, catedrático emérito da mesma Universidade. Foi nomeado doutor honoris causa da UNED, á que presentou o discurso “Cómo cantaron e contaron a Miguel Hernández os poetas galegos nos anos do franquismo”. A súa obra abrangue distintas perspectivas da lingua, da historia e da literatura.

Fonte: Real Academia Galega

Imaxe: Editorial Galaxia

Ligazóns:

Pleno | Real Academia Galega

Xesús Alonso Montero | Cultura de Galicia

Biblioteca de Xesús Alonso Montero | Biblioteca de Galicia (xunta.gal)

Outros Premios Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo