-
Laxeiro, Catálogo Universal
Por primeira vez en Galicia leva a cabo un proxecto destas características no que se recolle a totalidade da produción artística do artista José Otero Abeledo, Laxeiro (Lalín, 1908-Vigo, 1996). Un ambicioso proxecto que é froito de dez anos de investigación por parte da Fundación Laxeiro que agora ve a luz, nunha cuidadísima publicación realizada por Nova Galicia Edicións.
Interaccións. Espazo, corpo e obxecto
A Fundación Laxeiro inaugura a terceira entrega do ciclo que, co título xenérico Un berro por Belas Artes, programa anualmente en colaboración coa Universidade de Vigo, no que participa alumnado, graduados e profesorado con vinculación pasada ou presente coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
En Interaccións. Espazo, Corpo e Obxecto, a comisaria Basilisa Fiestras proponnos unha mirada á escultura contemporánea, na que os e as artistas participantes convidan o público a transitar a escultura superando a mera observación e establecendo así novas relacións entre o visitante e as obras.
NOITE BRANCA, 2025
A Fundación Laxeiro súmase ao programa Noite branca, promovido pola Concellería de Cultura do Concello de Vigo, unha convocatoria que, dende 2013, contribúea á dinamización da Rede de Museos Municipais, coa ampliación dos horarios de visita e a organización de actividades específicas, constituíndo no seu conxunto, unha oferta cultural variada e transversal que celebra a cultura como actividade de encontro cidadá no espazo público, para o que se amplían os horarios dos museos ata a 01.00h da madrugada do sábado ao domingo.
LITOGRAFÍAS CLUB DE LA ESTAMPA DE BUENOS AIRES. 1968
A Fundación Laxeiro presenta esta carpeta de litografías asinadas por vinte e cinco artistas arxentinos -agás Laxeiro e Luís Seoane- publicada en Bos Aires, en 1968 xunto a un texto do artista e crítico de arte Leonardo Estarico no que, baixo o título Variaciones sobre el grabado, fai un repaso polos procesos de creación da imaxe, dende a prehistoria, ata chegar ás artes gráficas e, concretamente á técnica litográfica.
No proxecto, editado polo Club de la Estampa de Buenos Aires, participan artistas
-todos varóns- que se agrupan ao redor dos diferentes rexistros do neoexpresionismo arxentino de finais dos anos sesenta. No seu conxunto, contextualiza o ambiente artístico no que Laxeiro se movía naquela época de finais dos anos sesenta, nos que o pintor gozaba dunha integración plena no sistema arxentino da arte.
Acto de entrega do Premio Laxeiro 2025 á pintora Bea Rey
Este é o primeiro Premio Laxeiro concedido a título póstumo, razón pola que recolleu o galardón o historiador X. Antón Castro, membro do Museo Bea Rey





















