Expertización e catalogación de obra

Unha das nosas liñas de traballo é a investigación e localización de obra de Laxeiro. En 2009 publicamos o Catálogo universal do artista cun total de 3.581 pezas debidamente catalogadas.

 

Pero a catalogación de obra segue o seu curso e continuamos ofrecendo o noso servizo de expertización e catalogación de obra, para o que realizamos unha serie de reunións ao longo do ano nas que o noso comité técnico examina as obras presentadas por coleccionistas particulares e institucionais.

 

O servizo é totalmente gratuíto e, se o propietario da obra está interesado nun certificado de autenticidade, este ten un prezo que varía en función do tamaño e a técnica da obra a certificar.

 

Infórmese poñéndose en contacto coa Fundación Laxeiro.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2019 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo