Premio Laxeiro 2025: Bea Rey
A Fundación Laxeiro recoñece o compromiso da artista coa renovación pictórica e tamén os eu compromiso social
Seis cabezas de Alejandro Fuertes
Seis cabezas é un proxecto presentado no espazo Arte CTJV, en Monçao, Portugal, entre o 16 de novembro de 2024 e o 17 de xaneiro de 2025. Agora o proxecto chega á Fundación Laxeiro, comisariado por Javier Pérez Buján, o seu Director Artístico.
Alejandro Fuertes (Avilés, 1997) é un artista formado nas facultades de Salamanca e Pontevedra cun evidente interese no que el denomina a estética da devastación que materializa mediante unha obra realizada a partir da ensamblaxe de elementos de refugallo.
LIÑA E GARABATO. Recursos expresivos no debuxo de Laxeiro
A Fundación Laxeiro presenta este proxecto que, mediante unha escolma de obras sobre papel, pretende afondar nos recursos expresivos que un debuxante excepcional como era Laxeiro, utilizaba para desenvolver o seu universo estético, narrativo e artístico.
Esta exposición propón un achegamento ao debuxo de Laxeiro a partir da coexistencia da liña limpa e o garabato, dous recursos que conforman os dous extremos expresivos a partir dos que o noso pintor construíu un dos máis sólidos discursos estéticos da arte galega do século XX.
Colmeiro, punta seca
A Fundación Laxeiro presenta Colmeiro, punta seca; unha exposición singular, composta por corenta e oito gravados de Manuel Colmeiro (1901- 1999), datados entre finais dos anos trinta e a década dos corenta, algúns deles inéditos, que foron reunidos e publicados nunha carpeta en 2022, pola Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, de Ribeira, co financiamento da Xunta de Galicia. Estes corenta e oito gravados serán expostos xunto ás matrices orixinais.
Fondo pesar polo falecemento de Adriano Marques de Magallanes.
o seu falecemento, a sociedade perde a unha persoa intelixente e afable, digno representante dunha xeración de emprendedores que soubo transcender o ámbito empresarial para achegar valores humanos.
Laxeiro, paisaxes de adolescencia
Por primeira vez, a Fundación Laxeiro expón sete obras sobre papel datadas a finais dos anos vinte e principios dos trinta, que mostran a mirada dun Laxeiro adolescente que, despois da súa estadía na Habana, retorna ao seu Lalín natal decidido a ser artista. Estas obras ilustran como un Laxeiro, aínda adolescente, aprendía a pintar e a debuxar a partir do seu territorio visual máis inmediato.
As paisaxes rurais da bisbarra do Deza, descóbrennos un Laxeiro paisaxista insólito, pouco tempo antes de adoitar unha mirada propia que cambiaría o tema da paisaxe por escenas con personaxes, coas que foi construíndo a súa singular obra.
Proxecto incendios. Miguel Mosquera
A Fundación Laxeiro presenta este proxecto de Miguel Mosquera (Ourense, 1953), no que se fai eco da vaga de incendios que asolaron o sur de Galicia en outubro de 2017. O artista chama á reflexión sobre esta problemática que parece definir un aspecto da relación da poboación co territorio.
LAXEIRO DESCOÑECIDO I Obras inéditas de primeira época
A Fundación Laxeiro inicia o Ano Laxeiro, con motivo do acordo da Real Academia Galega de Belas Artes de dedicar a Laxeiro o Día das Artes 2022, coa primeira de dúas exposicións que, co título xenérico Laxeiro descoñecido, amosará unha coidada selección de obras inéditas, localizadas despois da publicación do Catálogo Universal do artista en 2009.




