"Vangarda Histórica" tag

LAXEIRO DESCOÑECIDO I Obras inéditas de primeira época

A Fundación Laxeiro inicia o Ano Laxeiro, con motivo do acordo da Real Academia Galega de Belas Artes de dedicar a Laxeiro o Día das Artes 2022, coa primeira de dúas exposicións que, co título xenérico Laxeiro descoñecido, amosará unha coidada selección de obras inéditas, localizadas despois da publicación do Catálogo Universal do artista en 2009.

Arturo Souto. Nove óleos sobre lenzo.

Arturo Souto é o protagonista da segunda achega do ciclo Os Novos, organizado pola Fundación Laxeiro

21 de febreiro de 2014. Xantar Homenaxe a Laxeiro

Este ano, por coincidir en domingo o 23 de febreiro, a tradicional comida homenaxe a Laxeiro, celebrarase o venres, 21 de febreiro no Restaurante Toñi Vicente, antigo Posto Piloto en Alcabre. No acto, como é habitual, farase entrega do Premio Laxeiro 2014. Agardámosvos!

Presentado o ciclo de conferencias “Laxeiro e Os Renovadores da vangarda histórica galega”

O pasado luns, 5 de novembro foi presentado o ciclo de conferencias titulado “Laxeiro e Os Renovadores da vangarda histórica galega. Orixe, contexto e transcendencia”. Un proxecto organizado pola Fundación Laxeiro en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia

Premio Laxeiro 2007: Isaac Díaz Pardo

O histórico galeguista, artista plástico, deseñador, ensaísta, empresario e axitador cultural recebe o Premio Laxeiro 2007

Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro

Recopilzación de escritos de Laxeiro que se estructura en textos poéticos, reflexións, diarios, soños, retaos e lembranzas, pequena peza teatral, retratos, presentacións e pregóns, textos sobre arte.

Colección Laxeiro

Editado polo Concello de Vigo con motivo da catalogación de toda a obra de Laxeiro de propiedade municipal, xérmolo do que actualmente é a Colección permanente da Fundación Laxeiro, a publicación conta con 73 imaxes de obra de Laxeiro magníficamente reproducidas a toda páxina…

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo