Proxecto incendios. Miguel Mosquera
A Fundación Laxeiro presenta este proxecto de Miguel Mosquera (Ourense, 1953), no que se fai eco da vaga de incendios que asolaron o sur de Galicia en outubro de 2017. O artista chama á reflexión sobre esta problemática que parece definir un aspecto da relación da poboación co territorio.
Colección permanente, sete novas incorporacións
A Fundación Laxeiro presenta sete incorporacións á Colección permanente,procedentes de coleccións privadas que, pola súa singularidade, e o carácter inédito dalgunha das obras, completan un percorrido fascinante pola traxectoria de Laxeiro ao longo de máis sesenta anos de carreira.
Acción Laxeiro. Un proxecto de Xurxo Lobato
A Fundación Laxeiro remata o Ano Laxeiro con esta exposición que documenta a acción que Laxeiro levou a cabo, en 1987, na compostelá Galería Trinta, na que, o día da inauguración dunha exposición súa, pintou en directo a obra titulada Aparición, un magnífico óleo sobre tea de 176 x 146 cm.
Laxeiro descoñecido II. Obras inéditas de segunda época
Dentro das actividades programadas no Ano Laxeiro, con motivo do acordo da Real Academia Galega de Belas Artes de dedicar a Laxeiro o Día das Artes 2022, a Fundación Laxeiro ofrece a segunda achega da serie titulada Laxeiro Descoñecido, que continúa mostrando unha pequena parte do traballo de investigación e localización de obra que a Fundación Laxeiro vén desenvolvendo dende o seu inicio.
LAXEIRO DESCOÑECIDO I Obras inéditas de primeira época
A Fundación Laxeiro inicia o Ano Laxeiro, con motivo do acordo da Real Academia Galega de Belas Artes de dedicar a Laxeiro o Día das Artes 2022, coa primeira de dúas exposicións que, co título xenérico Laxeiro descoñecido, amosará unha coidada selección de obras inéditas, localizadas despois da publicación do Catálogo Universal do artista en 2009.
LODEIRO. A XEOMETRÍA INEXACTA
O 30 de setembro de 1996 falecía en Vigo, a súa cidade natal, o pintor Xosé Telmo Lodeiro (1930-1996). Este ano cúmprese, por tanto, o XXV aniversario do seu pasamento.
A Fundación Laxeiro súmase a esta conmemoración ofrecendo a exposición titulada Lodeiro. A xeometría inexacta, un proxecto que incide sobre a importancia da xeometría como elemento fundamental para entender a totalidade da obra de Lodeiro, mesmo a máis figurativa.
RECORDOLETERLORINTOREL
Con motivo do XXV aniversario do pasamento de Laxeiro, o Colectivo NEG (Nova Escultura Galega) propón un achegamento á figura de Laxeiro a partir dun texto do autor, pronunciado en 1978 na Galería Torques de Santiago de Compostela. A proposta, en forma de instalación sonora, realizada expresamente para a Fundación Laxeiro, reivindica a faceta de Laxeiro máis irreverente e provocadora, unha actitude que definiu a súa relación co sistema da arte durante toda a súa traxectoria.
Trasmundo de Laxeiro no Museo Reina Sofía
Con motivo da reorganización da Colección do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, a Fundación Laxeiro e o Concello de Vigo cederon temporalmen-te a emblemática obra de Laxeiro, titulada Trasmundo (1946) para ser incluida no novo proxecto expositivo.