Faílde. Anatomía da pedra
A Fundación Laxeiro trae a Vigo a exposición do único escultor pertencente ao grupo de Os novos e o único escultor que participou con Laxeiro, Carlos Maside, Isaac Díaz Pardo, Julia Minguillón, Manuel Pesqueira e Manuel Prego de Oliver na exposición titulada Artistas Gallegos, na galería Velázquez de Bos Aires, en 1951, organizada polo Centro Gallego de Bos Aires.
Arturo Souto. Nove óleos sobre lenzo.
Arturo Souto é o protagonista da segunda achega do ciclo Os Novos, organizado pola Fundación Laxeiro
Premio Laxeiro 2007: Isaac Díaz Pardo
O histórico galeguista, artista plástico, deseñador, ensaísta, empresario e axitador cultural recebe o Premio Laxeiro 2007
Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro
Recopilzación de escritos de Laxeiro que se estructura en textos poéticos, reflexións, diarios, soños, retaos e lembranzas, pequena peza teatral, retratos, presentacións e pregóns, textos sobre arte.
O Laxeiro informalista na Coleccion Alcalde Varela
A Colección Alcalde-Varela é sen dúbida, a colección non institucional máis importante de obra de Laxeiro. Esta publicación recolle unha escolma de 47 pezas sobre papel e tea que abordan o aspecto informalista e máis experimental de Laxeiro.
Laxeiro en Buenos Aires
En 2006 a Fundación Laxeiro organizou unha exposición no Museo Nacional de Bellas Artes (MNBA) de Bos Aires. Un proxecto comisariado por Javier Pérez Buján que ofrecía unha visión do cambio que a cidade arxentina provocou na obra do pintor galego.
Laxeiro, debuxos inéditos VI. Anatomías
Esta última entrega da serie Debuxos inéditos está dedicada á anatomía humana e inclúe interesantes bosquexos do seu período de formación na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, así como diferentes interpretacións do nú feminino de diversos períodos da súa traxectoria.
Laxeiro, debuxos inéditos IV. Retratos sobre papel
Esta cuarta entrega da Colección titulada xenéricamente Debuxos inéditos, está dedicada na súa totalidade ao retrato sobre papel, amosando obras de preparación e definitivas de diferentes períodos, como finais dos anos vinte ata obras dos anos setenta.