"arte" tag
Un poema para Laxeiro

Un poema para Laxeiro. Barreiro / Pulido

A Fundación Laxeiro continúa coas súas actividades no marco do Ano Laxeiro, con motivo do acordo da Real Academia Galega de Belas Artes de dedicar a Laxeiro o Día das Artes 2022. Neste caso, cun proxecto expositivo no que dous artistas vinculados ao pintor, como José M. Barreiro (Forcarei, Pontevedra, 1940) e Antón Pulido (Amoeiro, Ourense, 1944), réndenlle homenaxe nunha exposición conxunta.

Luís Seoane. 13 estampas da traizón. 80 anos da súa publicación

A Fundación Laxeiro inaugura a exposición titulada 13 estampas da traizón. 80 anos da súa publicación. Un proxecto producido pola Fundación Luís Seoane que, despois de verse na súa sé n’A Coruña, viaxa agora a Vigo onde se poderá visitar ata o 24 de febreiro.

Laxeiro sobre papel. Museo Municipal de Ourense, ata o 4 de febreiro

O museo Municipal de Ourense, mostra ata o 4 de febreiro, unha escolma de corenta o cinco debuxos de Laxeiro, a meirande parte, datados nas décadas dos anos trinta e corenta, a través dos que se pode ver a súa evolución estilística e o seu especial talento para o debuxo

Obradoiro: A arte do sexo, sexualidade, creación e xénero

Días 13, 15, 15 de novembro, de 18.15h a 20.45h. Inscrición gratuíta, prazas limitadas por rigorosa orde de inscrición en: https://bubela.uvigo.es/curso/3139

Sistemas dinámicos de Samuel Castro

O artista Samuel Castro (A Coruña, 1981) presenta “Sistemas dinámicos” na Fundación Laxeiro, a súa primeiroa exposición individual en Vigo, en la que propón unha reflexión sobre as diferentes concepcións do Tempo, baseada na idea do cambio permanente ao que a arte non é allea.

Laxeiro sobre papel

Como froito do traballo de investigación que a Fundación Laxeiro leva desenvolvendo durante todo o ano, este verán poderá visitarse unha exquisita exposición formada por trece pezas inéditas sobre papel, a maioría dos anos trinta.

Xornadas: A arte ten xénero? Unha introdución sobre xénero e creación artística

Estas xornadas nacen da observación do estancamento en cuestións de xénero que se observa no mundo da creación e a programación artística. Cambiar esta situación implica unha transformación dos modelos estéticos e arquetipos culturais imperantes nos ámbitos creativos e de comunicación

Arturo Souto. Nove óleos sobre lenzo.

Arturo Souto é o protagonista da segunda achega do ciclo Os Novos, organizado pola Fundación Laxeiro

Visitas guiadas

Comeza o programa de visitas guiadas á Colección permanente e ás exposicións temporais

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo