No chan, Ignacio Pérez-Jofre
O artista Ignacio Pérez-Jofre (Madrid, 1965) presenta a exposición individual titulada No chan, formada por obras sobre papel, realizadas nas rúas de Vigo coa técnica de frottage, mediante a que transfire ao soporte as terras do lugar, que actúan como pigmento que rexistra as tramas dos diferentes deseños das beirarrúas da cidade de Vigo.
Laxeiro sobre papel
Como froito do traballo de investigación que a Fundación Laxeiro leva desenvolvendo durante todo o ano, este verán poderá visitarse unha exquisita exposición formada por trece pezas inéditas sobre papel, a maioría dos anos trinta.
As nosas exposicións sobre obra de Laxeiro dispoñibles en flickr
O Catálogo Universal de Laxeiro, unha obra pioneira en Galicia na que por primeira vez se levou a cabo a catalogación completa dun artista galego, permítenos poder ofrecer ao público, mediante a ferramenta flickr, as imaxes coas súas fichas completas, das obras que foron incluídas nas diversas exposicións realizadas sobre a obra do artista.
Diálogos, Ángel Garraza – Miguel Vázquez
Con esta iniciativa, a Fundación Laxeiro abre un capítulo na súa programación no que enfronta a obra de dous artistas para provocar unha comunicación, un diálogo entre dúas estéticas, no que o espectador terá ocasión de experimentar significacións diversas,…




