A revista Grial, no seu número 239, publicou un interesante artigo asinado por Javier Pérez Buján, sobre “A barca Espacial”, unha das obras máis destacadas de Laxeiro.

O texto, titulado “A barca espacial. Unha obra singular e complexa de Laxeiro”, fai unha análise pormenorizada deste óleo sobre tea, pintado en Bos Aires, en 1961, unha época de especial intensidade na carreira do pintor.

O texto contextualiza e describe a iconografía, o simbolismo, a narrativa e o estilo, dende unha posición crítica na que sitúa a Laxeiro como un creador independente que, por unha banda, se insería nas correntes renovadoras do momento e, por outra, cultivaba unha estética moi persoal, que recollía unha tradición iconográfica rica en referencias culturais e narrativas, coas que construiu unha obra moi identificativa no panorama artístico do momento, tanto na Arxentina como en España.

O número 239 é o correspondente ao trimestre xullo-agosto-setembro de 2023

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2024 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo