Comisariado e organización de exposicións

Dende a Fundación Laxeiro ofrecemos servizos de comisariado de exposicións, tanto sobre Laxeiro e a Vangarda histórica, como sobre diferentes aspectos da arte do noso tempo.

Nesta liña levamos adiante os seguintes proxectos:

 Laxeiro… el eterno retorno. Convento de San Francisco, La Habana. 2001

Laxeiro, obras da Colección permanente. Itinerante: Ferrol, Lalín, Santa Uxía de Ribeira.

Laxeiro, 1930-1980. Itinerante: Pontevedra, Ourense, A Estrada, Verín, Ponteareas, Lugo, Vilalba, Viveiro, Vilagarcía, Noia, Marín, Culleredo. 2002-2003

Laxeiro, el carnaval de las formas. Instituto Cervantes, Lisboa, 2003

Laxeiro, un vanguardista de vocación atlántica. CAAM, Las Palmas de Gran Canaria, 2003

Laxeiro en Buenos Aires, Museo Nacional de Bellas Artes (MNBA), Buenos Aires, 2006

Lexeiro e a pintura galega de posguerra. Parlamento de Galicia, Santiago de Compostela, 2008

O Laxeiro informalista na Colección Alcalde-Varela, Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 2008

Laxeiro, cosmoloxías. Capela de Santa María, Lugo, 2012

Podemos itinerar unha exposición realizada na Fundación Laxeiro ou deseñar unha exposición á medida da institución ou espazo expositivo interesados.

Pode consultarnos poñéndose en contacto con nós.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo