Conferencia: Laxeiro e a pintura do século XX
O director artístico da Fundación Laxeiero ofreceu unha conferencia sobre a pintura de Laxeiro e os diversos movementos artísticos do século Xx
Día das Artes 2022 dedicado a Laxeiro. Actos da Real Academia Galega de Belas Artes
Real Academia Galega de Belas Artes Praza do pintor Álvarez de Sotomayor, 1 15001 A Coruña Venres, 1 de abril de 2022 19:30 horas Inauguración da exposición Acción Laxeiro 20:00 horas Acto con…
LAXEIRO DESCOÑECIDO I Obras inéditas de primeira época
A Fundación Laxeiro inicia o Ano Laxeiro, con motivo do acordo da Real Academia Galega de Belas Artes de dedicar a Laxeiro o Día das Artes 2022, coa primeira de dúas exposicións que, co título xenérico Laxeiro descoñecido, amosará unha coidada selección de obras inéditas, localizadas despois da publicación do Catálogo Universal do artista en 2009.
LODEIRO. A XEOMETRÍA INEXACTA
O 30 de setembro de 1996 falecía en Vigo, a súa cidade natal, o pintor Xosé Telmo Lodeiro (1930-1996). Este ano cúmprese, por tanto, o XXV aniversario do seu pasamento.
A Fundación Laxeiro súmase a esta conmemoración ofrecendo a exposición titulada Lodeiro. A xeometría inexacta, un proxecto que incide sobre a importancia da xeometría como elemento fundamental para entender a totalidade da obra de Lodeiro, mesmo a máis figurativa.
RECORDOLETERLORINTOREL
Con motivo do XXV aniversario do pasamento de Laxeiro, o Colectivo NEG (Nova Escultura Galega) propón un achegamento á figura de Laxeiro a partir dun texto do autor, pronunciado en 1978 na Galería Torques de Santiago de Compostela. A proposta, en forma de instalación sonora, realizada expresamente para a Fundación Laxeiro, reivindica a faceta de Laxeiro máis irreverente e provocadora, unha actitude que definiu a súa relación co sistema da arte durante toda a súa traxectoria.
Día das Artes Galegas 2022, dedicado a Laxeiro
A Real Academia Galega de Belas Artes celebrou o 26 de xuño de 2021, Sesión Ordinaria, na que acordou, por aclamación, homenaxear ao longo de 2022 e en especial o Día das Artes Galegas, 1 de abril, a José Otero Abeledo “Laxeiro”
Trasmundo de Laxeiro no Museo Reina Sofía
Con motivo da reorganización da Colección do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, a Fundación Laxeiro e o Concello de Vigo cederon temporalmen-te a emblemática obra de Laxeiro, titulada Trasmundo (1946) para ser incluida no novo proxecto expositivo.
Unha nova lectura da Colección permanente
A Fundación Laxeiro presenta unha nova proposta expositiva da coñecida Colección permanente, que muda o percorrido cronolóxico das obras, por unha disposición máis intuitiva, que combina estilos, linguaxes, xéneros e cronoloxía, ademais de incorporar documentación relativa á traxectoria artística de Laxeiro, unha liña de vida e unha sinalética renovada en galego, castelán e inglés.
Son eu, 18 autorretratos de Laxeiro. Da afirmación á disolución do suxeito
Por primeira vez, reúnense nunha exposición a totalidade dos autorretratos de Laxeiro coñecidos ata a data. Dende os anos vinte ata finais dos anos oitenta un total de dezaoito pezas, realizadas en técnicas diversas que ilustran a evolución do artista e a interpretación da súa propia imaxe.



