Últimas novas publicadas
NARF.10.5.12. Narf en concerto

Falece o músico Fran Pérez, NARF.

A Fundación Laxeiro súmase ao pesar do mundo da música e a cultura por esta triste noticia

IMAG0101

Morre Luis Caruncho. Patrono da Fundación Laxeiro e Premio Laxeiro 2012

A Fundación Laxeiro está de luto pola perdida dun dos seus impulsores. Traballador incansable sempre disposto a votar unha man e difundir e por en valor a obra do legado de Laxeiro.

grupo 2

Mutación inducida, Silverio Rivas

O escultor Silverio Rivas (Ponteareas, 1942) presenta Mutación inducida na Fundación Laxeiro, unha serie de traballos de pequeno formato que dan unha visión moi diferente da obra do artista, coñecido principalmente pola súa escultura pública de carácter monumental.

Pensador baixa

Laxeiro sobre papel

Como froito do traballo de investigación que a Fundación Laxeiro leva desenvolvendo durante todo o ano, este verán poderá visitarse unha exquisita exposición formada por trece pezas inéditas sobre papel, a maioría dos anos trinta.

LA CUEVA DE LOS SUEÑOS a+luz

Círculos de confusión. Valentín González. 26 de maio-25 de xuño

Por primeira vez, o fotógrafo Valentín González (Xixón, 1955), presenta o seu traballo en Galicia. Baixo o título Círculos de confusión, reúne unha selección de trinta obras que ilustran o percorrido creativo emprendido por este singular artista, hai máis de vinte anos.

Alrededores del bosque de Nemi 2, 2005. Acrílico sobre tea.

Exposición “Anomia” de Rosa Úbeda. 13 de maio – 10 de xullo de 2016

Rosa Úbeda (Pontevedra, 1958) presenta na Fundación Laxeiro de Vigo a exposición individual titulada Anomia, un proxecto no que a través dunha selección de obras de diferentes épocas, a artista propón un percorrido pola sintaxe da súa linguaxe pictórica, caracterizada pola mestura de códigos sen máis regras que a súa persoal forma de comunicar. A artista non expoñía en Vigo de forma individual, dende 2005.

invitación

Presentación do libro “La luz estremecida” de Pedro Burgos Montero

A editorial Discursiva presenta na Fundación Laxeiro a súa última publicación, un poemario titulado “La luz estremecida” con haikus de Pedro Burgos Montero e ilustracións de Amelia Palacios. A cita srá na Fundación Laxeiro, o venres, 29 de abril ás 20.00h

web

Amancio Prada. Premio Laxeiro 2016

Amancio Prada (Dehesas, León, en 1949) foi neno de coro cos salesianos en Cambados, vocalista de orquestina de pobo mentres facía o bacharelato no Bierzo, e estudante de ciencias empresariais aplicadas á agricultura…

IMG_0476 (medios)

Amancio Prada, Premio Laxeiro 2016

O galardón foi entregado ao artista polo Presidente da Fundación Laxeiro e Alcalde de Vigo, Abel Caballero, na comida homenaxe a Laxeiro que se celebrou o 19 de febreiro no restaurante Puerta 98 de Vigo

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2017 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo