Premio Laxeiro 2022: Grupo Atlántica

O Grupo Atlántica, representado por Román Pereiro, foi merecedor do Premio Laxeiro na súa edición 2022, pola enorme repercusión que tivo na cultura e na sociedade galegas de finais do século XX e que continúa ata hoxe.

Destacamos o vínculo moi forte que o grupo mantivo con Laxeiro, que se manifestou claramente en 1981, na exposición titulada Érase unha vez Laxeiro, realizada na Casa da Cultura de Vigo, en 1981. O colectivo reivindicouno como modelo e figura capital da cultura galega

Activo como colectivo dende 1980 ata 1983, Atlántica supuxo un fito, un punto de ruptura con toda a corrente artística anterior, traendo unha corrente rexuvenecedora e innovadora da arte en Galiza. Aínda que con estilos moi diferentes entre si, os compoñentes de Atlántica compartían a mesma actitude de ruptura co que se facía en Galicia naqueles anos e unha curiosidade insaciable polo que se facía no panorama artístico internacional.

Román Pereiro, un dos seus principais impulsores, foi o encargado de recoller o galardón en representación de Atlántica. Crítico de arte, destacado comisario e coleccionista, encarna a figura dun dos principais impulsores da cultura galega ao longo do século XX, aínda cando a súa formación non estivo ligada ao mundo das artes, senón á medicina.

Foron membros de Altántica:

Menchu Lamas, Anxel Huete, Guillermo Monroy, Antón Patiño, Antón Lamazares, Manuel Moldes, Xavier Correa Corredoira, Silverio Rivas, Rafael Baixeras, José Freixanes, Francisco Leiro, Reimundo Patiño, Francisco Mantecón, Xaime Cabanas, José Lodeiro, Xesús Vázquez, Manuel Facal Ignacio Basallo, Silverio Rivas, e Luis Borrajo.

Outros Premios Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo