Bolsas Fundación Laxeiro á creación artística 2004

Anton_Cabaleiro

10.12.2004- 10.12.2004

Proxecto gañador: Coexistencias pacíficas de Antón Cabaleiro
Contía: 3.000 euros
exposición na Fundación Laxeiro
Edición de catálogo
Total de proxectos presentados: 27
Patrocina Afinsa

ANTÓN CALBALEIRO

Antón Cabaleiro (Santiago de Compostela, 1977) é un perfecto exemplo do dinamismo dos xoves creadores galegos. Un artista que, malia súa mocedade, ven pegando forte no complicado mundo da arte e que ademais, está a ter un indiscutible recoñecemento fora da súa Terra (Galicia), polo que a concesión desta bolsa quere significar temén un recoñecemento dos seus paisanos galegos.

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, doctorouse en Imaxe, tecnoloxía e deseño poa Universidade Complutense de Madrid, centrando desde entón a súa actividade artísitca no eido das diferentes técnicas audiovisuais. O video, a fotografía e o debuxo dixital, constitúen para el os medios idóneos para expresar un pensamento que atopa na análise da comunicación de masas o punto de partida e o motivo principal para a creación dunha obra mergullada plenamente na contemporaneidade.

Estas formulacións, unidas a un traballo concienzudo e intenso, supuxéronlle recoñecementos como o Premio de la crítica na III Edición do premio de fotografía El Cultural, coa conseguinte exposición individual na galería Marlborough, ademais de ser selccionado para Generación 2005 de Cajamadrid, Circuitos de artes plásticas e Centro de arte joven, ambos da Comunidade de Madrid. Este ano tamén gañou o Segundo premio do Certame de artes plásticas da Deputación de Ourense e en 2005, veremos a súa obra en Vigo, co gallo da Bolsa Fundación Laxeiro-Afinsa á creación artística.

O proxecto expositivo

Antón Cabaleiro realiza unha obra que, ó parecer do Xurado, aporta unha visión orixinal e novedosa sobre a función da arte no mundo contemporáneo, conxugando as novas tecnoloxías cun pensamento estético innovador, que invita a reflexionar sobre a posición do individuo nas sociedades da comunicación.

Coexistencias pacíficas, que así se titula a súa proposta, abunda nas súas preocupacións sobre a desubicación do individuo contemporáneo nun universo de sobreinformación que, a xuizo do artista, lonxe de axudar á comprensión do mundo, potencia a desorientación e a incomunicación.

Mediante unha obra híbrida entre debuxo dixital e fotografía, Antón Cabaleiro mostrará na Fundación Laxeiro as últimas conclusións do seu apaixoante traballo, propoñendo unha montaxe de factura impecable na que as constantes do seu pensamento (tanto formais como conceptuais) son utilizadas na confección de pezas fotográficas e infográficas para as que propón unha montaxe que se adapta á perfección ás características do espazo expositivo, demostrando unha sensibilidade que sabe trascender á mera producción de obra, para ocuparse tamén, con grande acerto da forma en como debe ser mostrada ó público.

+ Bolsas

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2017 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo