Bolsas Feima-Fundación Laxeiro á creación artística

01.07.2007 – 01.11.2007
Proxecto gañador
“Full View” de Belén Uriel (Madrid, 1974)

Premios adquisición
Antía Moure, (Monforte de Lemos, 1981)
Emilio Cendón (Vigo, 1977)
Ronda Bautista (Combarro, 1984)

Total proxectos presentados: 32

Patrocina Fundación Feima

A artista Belén Uriel Fernández, (Madrid, 1974) gaña a IV edición das Bolsas Feima Fundación Laxeiro á creación artística.

Antía Moure, (Monforte de Lemos, 1981), Emilio Cendón (Vigo, 1977) e Rolda Bautista (Combarro, 1984), levan os premios adquisición de obra por valor de 2.000 euros cada un.

Ás 14.00 horas levantouse a sesión do Xurado das Bolsas Feima – Fundación Laxeiro á creación artística en cuxa convocatoria competían este ano un total de 32 proxectos.

O Xurado iniciou a sesión ás 10.00 h. da mañá no Hotel NH Palacio de Vigo, habitual colaborador da Fundación Laxeiro para concluír, preto das 14.00 h. cos nomes do artista gañador da bolsa e dos 3 premios adquisición de obra. Aínda que na convocatoria só se contemplaban un total de 2 premios adquisición, dada a calidade dos proxectos presentados, o Xurado decidiu ampliar a 3 os galardoados con compra de obra.

Ademais, a gañadora da bolsa, cuxo traballo se poderá ver dentro da programación expositiva da Fundación Laxeiro en 2008 e na Fundación Feima en Madrid, percibirá 3.000 euros como premio, e 3.000 euros para produción de obra; adquiriráselle obra por valor de 2.000 euros e editaráselle un catálogo que recollerá toda a súa produción ata o momento. Os artistas Antía Moure, Emilio Cendón e Rolda Bautista gozarán de tres premios adquisición por valor de 2.000 euros cada un.

Esta IV Edición das Bolsas á creación artística foi posible grazas á colaboración económica da Fundación Feima que corre con todos os gastos e coa xestión da Fundación Laxeiro.

O Xurado nesta ocasión, estivo formado por:

Luís María Caruncho Amat. Artista e membro da Fundación Laxeiro
Carlos García-Suárez Otero. Secretario Xeral da Fundación Laxeiro
Iñaki Martínez Antelo. Director do museo MARCO de Vigo
Javier Pérez Buján. Director da Fundación Laxeiro
Román Pereiro. Patrón da Fundación Laxeiro
Antón Pulido Novoa. Artista e membro da Fundación Laxeiro
Jesús Rey Martínez. Presidente da Fundación Feima
Marta Rey Bouzas. Directora da Fundación Feima
Mar Vicente Souto. Artista gañadora da pasada edición

Belén Uriel Fernández

Estudando no Chelsea Collage of art and design. Londres
Título de experto universitario en creación audiovisual e infografía. Univ. Complutense Madrid.
Licenciada en BBAA. Universidade Complutense de Madrid.

PREMIOS E BOLSAS
2006. Primeiro accesit. VII Premio de pintura e fotografía ABC
2005. Bolsa Colección CAM de Artes plásticas. Londres
2004. Bolsa Rede Mansion Art Foundation Prize. Bolsa residente en Pequín

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
2005. galería Vacío9 Madrid.
2003. Galería Valle Quintana. Madrid
2002. Enes Arte contemporánea. Lisboa

NUMEROSAS EXPOSICIÓNS COLECTIVAS

PROXECTO: FULL VIEW
FOTOGRAFÍA, DEBUXO E DOCUMENTACIÓN
Realización de fotografías da zona de Pantín onde existen multitude de vivendas unifamiliares a medio construír, gañadas para a paisaxe polo avance da natureza. Fotografaranse esas casas e colocarase nun valo publicitario que á súa vez será fotografado, para expolo na Fundación Laxeiro, en formato de valo publicitario a escala. Á súa vez, a artista introducirase nas vivendas e, logo de realizar intervencións que reforcen a idea de ocupación do espazo pola natureza, fotografará o resultado e exporao tamén na Fundación Laxeiro, provocando así unha narratividade propia na exposición, da situación que ela capta coas súas fotografías.

+ Bolsas

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo