Bolsas Feima-Fundación Laxeiro á creación artística 2006

01.07.2006 – 01.11.2006
Proxecto gañador: Reflexo de superficies de Mar Vicente (Valadouro, Lugo, 1980)
Premios Adquisición
Samuel Castro (Cambre, 1980)
Pablo Pérez Sanmartín (Vilagarcía de Arousa 1979)
proxectos presentados: 25
Patrocina: Fundación Feima

A artista Mar Vicente Souto gaña a III edición das Bolsas Feima Fundación Laxeiro á creación artística. Pablo Pérez Sanmartín e Samuel Castro Martínez, levan senllos premios adquisición de obra por valor de 2.000 euros cada un. Ás 14.00 horas levantouse a sesión do Xurado das Bolsas Feima – Fundación Laxeiro á creación artística en cuxa convocatoria competían este ano un total de 25 proxectos. O Xurado iniciou a sesión ás 10.00 h. da mañá no Hotel NH Palacio de Vigo, para concluír, preto das 14.00 h. cos nomes dos artistas gañadores da bolsa e dos dous premios adquisición que este ano se incorporou como novidade, grazas ao apoio económico da Fundación Feima. Mar Vicente Souto (Valadouro, Lugo, 1980) presentou un proxecto sen título no que mediante a utilización de pinturas, esculturas, luz de neón, fotografía e instalación, expón unha reflexón sobre os límites da pintura. Pensado expresamente para a sala B da Fundación Laxeiro, o proxecto está encamiñado a romper algunha das normas establecidas polo soporte pictórico convencional: rectangular, plano, cuberto de pintura, e colocado na parede de forma paralela ao chan, introducindo unha problemática sobre o límite da obra pictórica. O propio espazo físico da exposición pasa a integrarse como parte da obra de arte, recuperando un dos postulados básicos do minimalismo, o da utilización do contexto físico e visual, na propia peza artística. Para iso a luz, os materiais e a espacialidade son tratados como parte da obra obxectual que a artista coloca cunha visión de conxunto, primando unha lectura “sintáctica” da exposición sobre unha lectura “morfolóxica”. Mar Vicente Souto realizou diversas exposicións colectivas por Galicia e algunha en Madrid e Alemaña. Foi seleccioada en Novos Valores 04 da Deputación de Pontevedra, Premio de Pintura Urbano Lugrís, en 2004, Premio Conxemar no mesmo ano, seleccionada para Arte nova A Mocloa, Madrid, 2005, etc. En 2006 foi artista invitada en kultur modell de Passau en Alemaña, bolsa produción artística Kaldarte. Caldas de Reis, Pontevedra; en 2005 obtivo a bolsa de produción artística Residentes 05.

Vista parcial da exposición

Xunta de Galicia. Foi Mención de honra artes plásticas, universidade Complutense. Madrid e en 2004 foi bolseira na Fundación Talens España. Barcelona. Ademais da gañadora da bolsa, cuxo traballo se verá dentro da programación expositiva da Fundación Laxeiro en 2007 e na Fundación Feima en Madrid, percibirá 3.000 euros como premio, adquiriráselle obra por valor de 2.000 euros e editaráselle un catálogo que recollerá toda a súa produción ata o momento, os artistas Pablo Pérez Sanmartín e Samuel Castro Martínez gañaron senllos premios adquisición por valor de 2.000 euros cada un que pasarán a formar parte da Colección de Arte Fundación Feima, en Madrid. Esta III Edición das Bolsas á creación artística foi posible grazas á colaboración económica da Fundación Feima que se incorpora así ao elenco de entidades patrocinadoras da Fundación Laxeiro. O Xurado nesta ocasión, estivo formado por: Javier Blanco Lado. Membro da Fundación Feima e galerista; Marta Rey. Directora da Fundación Feima; Ignacio Pérez-Jofre. Artista e profesor titular da Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Antón Pulido. Artista e membro da Fundación Laxeiro; Luís María Caruncho. Artista e membro da Fundación Laxeiro; Javier Pérez Buján. Delegado Director Xerente da Fundación Laxeiro e Amaya González Reyes. Artista gañadora da pasada edición.

Cajón. acrílico, lenzo, madeira e metacrilato

+ Bolsas

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo