Bolsas Fundación Laxeiro á creación artística 2005

01.07.2005- 01.11.2005

Proxecto gañador
“En efectivo” de Amaya González Reyes (Sanxenxo, Pontevedra, 1979)
Contía
3.000 euros
Exposición na Fundación Laxeiro
Edición de cataálogo
Total de proxecto presentados 35

O PROXECTO

EN EFECTIVO é unha proposta na que a autora convirte a entidade material da contía da bolsa Afinsa – Fundación Laxeiro, consistente nunha dotación de 3.000 €, no principal material da súa obra, co que convertido en moedas e billetes realizará varias pezas para a sala, ademais de performances en interacción co público e material audiovisual, producto do rexistro das devanditas accións. Nesta obra, a artista cuestiona a tradicional relación que temos cos cartos, para subvertila e facer así unha lectura nova do diñeiro que fai esvaecerse o seu tracional valor de uso e de cambio.

A artista

Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e, actualmente realizando o Terceiro Ciclo na mesma universidade, Amaia González Reyes ten unha curta pero interesante traxectoria na que o carácter relacional do seu pensamento estético está sempre presente, a través de intervencións en espacios públicos e accións que sempre están a cuestionar os límites da arte.

A súa forma de traballar, case sempre por proxecto, pensado específicamente para un espacio e un momento determinados, foi tamén unha característica que pesou á hora de decidir os fallos das devanditas bolsas que, segundo consta na súa razón de ser, premian os proxectos sobre os artistas.

Entre o seu curriculum destacan as seguintes exposicións e premios:

·Pilot: 2. international art forum. Londres. 2005
·Yo Museo. Espacio Anexo. MARCO. Vigo. 2004-05
·Arte en Pontevedra. Pazo da Cultura. Pontevedra. 2004
·III Premio Auditorio de Galicia. 2003
·Novos Valores. Pontevedra. 2003
·Axustado. Facultad de BBAA Pontevedra. 2001
·Fexdega. Vilagarcía de Arousa. 1998
·Arte Xove. Casa da cultura de Rianxo. 1998
·Arte no Salnés. Portonovo. 1997
·Seleccioanda I Certamen de Pintura isidro parga Pondal. Laxe. 1996
·Seleccionada I Certamen de pintura vila de Sanxenxo. 1995

+ Bolsas

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo