RADIADOR. Nova figuración en Galicia
Sería imposible intentar unha aproximación á figuración actual e, máis concretamente, á utilización de estratexias debedoras da tradición realista, sen ter en conta as aportacións de movementos e correntes como o surrealismo, a abstracción, o pop…
Colección permanente
A Colección permanente da Fundación Laxeiro mostra un total de 64 obras, doadas polo artista á cidade de Vigo, a través das que se mostra a evolución da súa pintura ao longo da súa vida.
Premio Laxeiro 2009: Antón Lamazares
o pintor, discípulo de Laxeiro, galardoado co Premio Laxeiro 2009
Facer e deixar de facer
No contexto da liña de colaboración entre a Fundación Laxeiro e a Universidade de Vigo, este catálogo documenta a exposición programada na Fundación Laxeiro como resultado do traballo de investigación dun grupo de artistas (alumnos e profesores) da Facultade de BB. AA…
Os pasos perdidos
Dentro da liña de colaboración que a Fundación Laxeiro ten aberta coa Universiade de Vigo, esta publicación documenta o proxecto de investigación titulado Mapa psicoxeográfico do campus de Pontevedra, un proxecto no que os artistas, formados por profesores e alumnos da Facultade de BBAA…
De Vigo a Bos Aires, Laxeiro e a pintura galega de posguerra
Unha interesante publicación que analiza as circunstancias culturais e históticas nas que se desenvolve a pintura galega de posguerra, tomando como fío condutor a figura de Laxeiro, desde a súa chegada a Vigo, en 1941 ata a súa marcha a Bos Aires en 1951.
O Laxeiro informalista na Coleccion Alcalde Varela
A Colección Alcalde-Varela é sen dúbida, a colección non institucional máis importante de obra de Laxeiro. Esta publicación recolle unha escolma de 47 pezas sobre papel e tea que abordan o aspecto informalista e máis experimental de Laxeiro.
Laxeiro en Buenos Aires
En 2006 a Fundación Laxeiro organizou unha exposición no Museo Nacional de Bellas Artes (MNBA) de Bos Aires. Un proxecto comisariado por Javier Pérez Buján que ofrecía unha visión do cambio que a cidade arxentina provocou na obra do pintor galego.




