Ficha técnica:
Os pasos perdidos
Edición: Fundación Laxeiro – Universidade de Vigo
Artistas: Begoña Ante, Ronda Bautista, Miguel Cuba, Patricia Duarte, Elena Fernández Prada, Juan Loeck, Ignacio Pérez-Jofre
Textos: J. Pérez Buján, I. Pérez-Jofre, J. F. de Laiglesia
Idiomas: Galego – Castelán
nº de páx.: 43
ilustracións: 35
Encadernación en rústica con gardas
Meidas: 23 cm. x 18,5 cm.
ISBN: 978-84-935616-3-5
PVP: 20 €
Amigos Platino: 14 €
Amigos Ouro: 17 €
Dentro da liña de colaboración que a Fundación Laxeiro ten aberta coa Universiade de Vigo, esta publicación documenta o proxecto de investigación titulado Mapa psicoxeográfico do campus de Pontevedra, un proxecto no que os artistas, formados por profesores e alumnos da Facultade de BBAA de Pontevedra, propoñía unha reflexión sobre os espazos intersticiais que se xeneran na xeografía do campus universitario de Pontevedra, máis alá da actividade docente. Este proxecto materializouse na exposición que documenta este catálogo e que supón unha experiencia de continuidade de traballo artístico de docentes e alumnos de BB.AA. en igualdade de condicións, na montaxe de un proxecto expositivo a partir dunha idea unificadora, na que conviven diversas disciplinas artísticas e linguaxes diversas tamén.