Carlos Oroza. In memoriam

O pasado sábado, 21 de novembro falecía o poeta Carlos Oroza (Viveiro, Lugo, 1933), autor inclasificable, adscrito á poesía underground e, para moitos, o representante español da xeración Beat, Oroza foi amigo de Laxeiro dende os anos setenta nos que coinciden en Madrid onde o escritor Francisco Umbral o califidou como o poeta maldito do Café Gijón, Carlos Oroza foi un poeta da palabra falada, destacando polos seus recitais e accións poéticas en directo. Conta con algo máis de media ducia de libros publicados. Na década dos sesenta fundou, xunto a Víctor Lizárraga e Victoria Paniagua, a revista Tropos e recibiu o Premio Inernacional de Poesía Underground en Estados Unidos. Nos anos setenta, despois de residir en Madrid e Estados Unidos, elixe a cidade de Vigo como a súa localidade de residencia. En 2008, coincidindo co centenario do nacemento de Laxeiro, a Fundación Laxeiro concédelle, por aclamación, o Premio Laxeiro, como recoñecemento a toda unha traxectoria a prol da poesía.

Libreria Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2017 All Rights Reserved

Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria Xunta de Galicia: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Comercio

AGADIC Axencia Galega de Industrias Culturais Concello de Porriño Pinturas Proa Transporte Urbano de la Ciudad de Vigo