The flickering darkness de Juan delGado

Inauguración: venres, 30 de outubro. 20.00h.

Ficha técnica:

Título: The Flickering Darkness

Autor: Juan delGado

Comisario: Javier Pérez Buján

Tipo de obra: vídeo – proxección, cor, 3 canles, son cuadrofónico, 13’ en loop

Inauguración: 30/10/2015. 20.00h.

clausura: 31/01/2016

Lugar: Fundación Laxeiro, sala B. r/Policarpo Sanz, nº 15, 3º, Vigo, tlf: + 34 986-43 84 75 www.laxeiro.org  fundacion@laxeiro.es

Financia: Unlimited; Consejo Británico de las Artes; British Council-Colombia; Universidad de los Andes, Bogota,  Fundación Laxeiro; Concello de Vigo; Deputación de Pontevedra; Xunta de Galicia

 

The flickering darkness é un proxecto do artista español afincado en Londres, Juan DelGado (Cartagena, Murcia, 1965) que por primeira vez se exhibe en España.

Trátase dunha peza audiovisual realizada en 2009, durante unha residencia de tres meses na cidade de Bogotá. Producida orixinalmente por a Universidade dos Andes, como parte do programa de residencias artísticas entre Colombia e Reino Unido, o proxecto foi apoiado por o British Council, o Ministerio de Cultura e o Consello das Artes UK.

ENLACES DE INTERESE: www.juandelgado.cohttp://vimeo.com/4601573https://www.youtube.com/user/cremer2005http://theflickeringdarkness.blogspot.co.uk/;

http://weareunlimited.org.uk/commission/juan-delgado/https://www.youtube.com/watch?v=ZgphFE4rpHshttp://jerwoodopenforest.org/artist/juan-delgadohttp://www.southbankcentre.co.uk/whatson/juan-delgado-1000573

O PROXETO

ORIXE DO PROXECTO. O artista chegou a Bogotá pensando en desenvolver un proxecto que consistía na realización dun mapa da cidade que representara os diferentes graos de ansiedade experimentados polos seus habitantes. Fiel á súa preocupación por facer aflorar realidades sociais latentes, delGado buscaba facer visible un feito que ten que ver coa percepción subxectiva da cidade, seguindo a teoría das representacións sociais que aborda a construción de mapas do territorio, atendendo a como este é vivido e imaxinado polos seus habitantes.

Nada más chegar, delGado coñeceu á artista Lorena Luengas que levaba anos traballando na mesma idea e decidiu abandonar o proxecto e traballar noutro totalmente novo. Esta circunstancia fíxolle cambiar a súa forma de traballar, que ata o momento se caracterizara por un gran rigor metodolóxico e estrutural, e comezou a pasear pola cidade, sen rumbo fixo e sen saber exactamente que proxecto ía levar adiante.

Nestes paseos por Bogotá, delGado observou que existía unha gran abundancia de comida en todas partes, á vez que vía a moita xente pasar fame. Estas dúas realidades fixéronlle reflexionar acerca da orige e os procesos de produción dos alimentos e cando se atopou co mercado de Corabastos, sentiu que ese era o escenario ideal para indagar nas contradicións da xestión alimentaria.

O mercado Corabastos é o mercado máis grande de Sudamérica, con 420.000 metros cadrados de superficie, e unha poboación flotante de 200.000 persoas diarias, abastece á cidade de Bogotá e a súa área metropolitana. Atoparse co mercado de Corabastos supuxo para o artista un achado a partir do que comezou a dar forma plástica ás súas reflexións sobre a xestión alimentaria, cristalizando finalmente na obra The flickering darkness que, por primeira vez, se presenta en España, na sede da Fundación Laxeiro, en Vigo.

O CONTIDO. Todo o traballo de Juan delGado baséase na idea de facer visibles realidades, xeralmente de carácter social, que se atopan en estado latente. Utilizando a plasticidade visual como reclamo, o artista vai construíndo unha obra visualmente atractiva e impecable dende un punto de vista formal que, unha vez que nos atrapa, fálanos de aspectos concretos que a delGado lle interesa resaltar, aspectos normalmente silenciados polo discurso oficial que o autor, á maneira dun arqueólogo, fai aflorar. The flickering darkness constitúe un exemplo paradigmático desa forma de traballar.

Na obra, Juan delGado explora a viaxe percorrida polos alimentos dende a súa chegada ao mercado, ata o seu consumo final. O filme, proxectado en tres canles, mostra a cidade nas súas cores típicas, nas súas texturas, silencios e sons, para capturar o sentido do caos e a contradición, e convidar ao espectador a reflexionar acerca dos estratos sociais e a xestión dos recursos alimentarios.

A obra muda así no retrato audiovisual dunha realidade latente, a simple vista inapreciable. A cámara captura esta realidade para ir máis alá das formas e descubrir os feitos subxacentes que se producen no mercado máis grande de América Latina.

Juan delGado aproxímase así ao pensamento de Michel Foucault e a súa análise do discurso, caracterizada por desenmascarar as relacións entre “saber” e “poder”, mediante a procura e localización daqueles acontecementos silenciados, como neste caso acontece coa xestión dos alimentos e a súa relación coa división social.

A comida, a súa manipulación, distribución e consumo, vainos dando información sobre a estratificación e a segmentación sociais, tanto nas diferentes tarefas realizadas na cadea de produción/distribución/consumo, como tamén nos tipos de alimentos aos que accede cada grupo social.

O TRATAMENTO FORMAL. Juan delGado bota man deliberadamente dunha retórica testemuñal, mediante a utilización de recursos como o plano fixo e o son directo, cos que acada unha sensación de obxectividade, acentuada coa edición do material en tres canles, tres puntos de vista que se complementan para formar un único relato que vai poñendo de manifesto as múltiples e complexas relacións entre a comida e os diferentes grupos sociais e, en última instancia, as contradicións existentes nos procesos de produción e consumo das nosas sociedades.

Con este traballo, delGado desenvolve unha linguaxe visual na que a fragmentación e o movemento contemplativo definen a obra dende un punto de vista formal. Esta narrativa fragmentada, mostrada en tres pantallas simultaneamente, vai construíndo un relato, a partir da integración de cada fragmento nun todo e descubrindo así, aspectos latentes que buscan unha reflexión no espectador sobre a responsabilidade que cada un temos como produtores, distribuidores ou consumidores de bens e servizos, procesos que sempre se enmarcan nun contexto que tende a reproducir e perpetuar unha determinada orde social, política e económica.

A MONTAXE

Como en ocasións anteriores, a sala B da Fundación Laxeiro muda nunha sala de proxección, un cubo negro no que se proxecta The flickering darkness en tres canles, cunha duración de 13 minutos en loop e o son en formato cuadrofónico que contribúe a unha sensación de presenza do espectador no lugar e momento que mostran as imaxes.

O ARTISTA

EXPOSICIÓNS SELECCIÓN

 

2015 The flickering darkness, Fundación Laxeiro, Vigo
2015 Phoenix, Leicester
2015 Risk, Turner Contemporary, Margate, UK
2015 The Flickering Darkness (revisited), Tyneside Gallery & Cinema, Newcastle, UK
2015 Dis/Placed, London, Curated by Counterpoints Arts, London
2015 Mardin Bienali Turkey, Curated by Firat Arapoglu
2014 Biennial at the End of the World, Buenos Aires, Curated by Fortunata Calabro
2014 Fluctuations on Time, Halka Art Project, Istanbul
2014 The Flickering Darkness Southbank Centre, London
2014 The Ringing Forest Jerwood Space, London
2013 I Will Take You to a Place We Know curator: Firat Arapoglu, Bergsen Galleri, Istanbul
2013 The Bulgarians Are Coming Curator: Nia Pushkarova, Bulgarian Cultural Centre, London
2012 Sailing Out of Grain (Touring Exhibition) Marlowe Theatre, Canterbury
2012 Perceptions of Balance Shape Arts, London
2011 Between Ebal & Gerzim, Curator: Yazid Anani, Birzeit Ethnographic Museum, Ramallah
2011 The View From Here, curator: Karen McDonald, Salisbury Arts Centre, Salisbury
2011 100 m: Creative Campus, curator: Rose Lejenue, Herbet Gallery, Canterbury
2011 Presently I have Nothing, curator: Eugen Radescu, Pavilion Unicredit, Bucharest
2011 Le Rêve de Newton, curator: Hazel Stone, Sidney Cooper Gallery, Canterbury
2011 UpStream, curator: Stevie Rice, Brighton Fringe Festival, UK
2010 La Oscuridad Que Se Apaga , This is not a Gateway, Hanbury Hall, London
2009 How Innocent is that?, curator: Eugene Radescu, Bucharest Biennale
2009 Who Are You Entertaining to?, curator: Paula Silva, Projects Room, Bogotá
2009 Corporea , Museo Universitario Alicante, Spain
2009 Crime & Punishment, curator: Pedrag Pajdic, Kortil Gallery, Rijeka, Croatia
2008 Fléches Sans Corps, Cartagena, Spain
2008 Carne y Piedra, curator: Pedro Medina, PhotoEspana Festival, Madrid
2007 Paranoia, curator: Pedrag Pajdic (Touring Exhibition), City Arts Gallery, Leeds
2006 Suspended Reverie, curator: George Unsworth, Space Arts, London

PREMIOS DE BECAS

2015     Definitely Able Comisión Conferencia | Museo de Arte Islámico. British Council, Qatar

2013     Open Forest Commisión | Jerwood Space. Forestry Commission, UK

2012     Moving Image | Grants for the Arts. Arts Council, Inglaterra

2011     Artista en Residencia  | Museo Etnográfico Birzeit. Artschool Palestine, Ramallah

2010     SlipStream : Creative Campus Campus Initiative | Olimpiada Cultural. University of Kent, UK

2009     Artista en Residencia  |  programa ViSITING ARTS.British Council, Colombia

2007     Artista en Residencia. Alcalá del Júcar, España

Induction Into the Audio Visual Industry Certificate. Westminster Kingsway College

EVF Commission Birth Rites. Manchester, UK

2006     Commisión Science & Arts R&D |   Ringing Forest. The Wellcome Trust, London, UK

2005     Artista en Residencia Casa de Velázquez. Madrid, España

Commission Museo Arte Contemporáneo      León, España

2004     Interactive Narrative Content Seminar | SAGASNET, Stuttgart, Germania

2003     Professional Business Training  |  Space Studios ,London, UK

2002     Artista en Residencia  ‘Art & Landscape’ Blanca,  España

Artista en Residencia  | Science & Arts The Wellcome Trust Londres, UK

Artista en Residencia  London Print Studio, UK

2002     Artsadmin New Media Awards, Londres, UK

Artista en Residencia   |  PVA LabCulture Program, Vivid Media Centre Birmingham, UK

2001     Arts & Humanits Research Board, The British Academy Londres, UK

1997     University of Westminster Scholarship, Londres, UK

John Kobal Photographic Awards, National Portrait Gallery, Londres, UK

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo