I Memorial Enrique X. Macías de Música Contemporánea

I Memorial Enrique X. Macías de Música Contemporánea

Ficha técnica:
I Memorial Enrique X. Macías de Música Contemporánea
Ed. Fundación Laxeiro
Textos: Rodeiro, M.
Idioma: galego
nº. pax: 16
Encadernación en rústica
Medidas: 14 x 14 cm.
Dep. legal: VG-1132-2001
PVP: 3 €

AGOTADO

Programa de man da I Edición do Festival Internacional de Música Contemporánea que a Fundación Laxeiro organizou durante cinco edicións e que levou o nome do compositor vigués Enrique X. Macías nas súas dúas primeiras edicións. Nesta primeira edición leváronse a cabo oito estreas absolutas, das que cinco foron encarga da Fundación Laxeiro, nun programa no que se interpretaron obras de Gabriel Erkoreka, Jacobo Durán-Loriga, David del Puerto, Jesús Rueda, Jesús Torres, Juan Carlos Martínez Fontana, Santiago Lanchares, José Manuel López López, Manuel Rodeiro, combinados con clásicos da música do século XX como Igor Stravinsky, Giacinto Scelsi, Stefan Wolpe, Gérard Grisey, Pierre Boulez, Philippe Hurel, Elliot Carter, György Ligeti, Salvatore Sciarrino, José Luis Turina, Iannis Xenakis e Tristán Murail, ademais de xóvenes compositores galegos como Jesús González e Antón L. Pulido. O festival contou ademais cun elenco de intérpretes de primeiro nivel, formado por: Pablo Coello, Marcos Escobar, Felipe González Agell, David Quiggle, Ananda Sukarland, Miquel Bernat e Joao Cunha.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo