II Memorial Enrique X. Macías de Música contemporánea

II Memorial Enrique X. Macías de Música contemporánea

Ficha técnica:
II Memorial Enrique X. Macías de Música contemporánea
Ed. Fundación Laxeiro
Textos: Rodeiro, M.
galego, castelán
nº páx: 58
Medidas: 23,5 x 16,5 cm.
Encadernación en rústica con gardas
ISBN: 84-932643-4-2
PVP: 10 €

Programa de man da Segunda edición do Festival Internacional de Música Contemporánea que organizou a Fundación Laxeiro durante cinco anos. Nesta ocasión, o programa estivo adicado ao tempo do compositor gelego que lle da nome, estruturado xeográficamente en Galicia, con obras de Xan Viaño, Manuel Balboa, Rogelio Groba e Antón L. Pulido; España, con obras de Luis de Pablo, José Manuel López e César Camarero; e Europa, con obras de Emmanuel Nunes, Bernd Lois Zimmermann e Pierre Strauch, ademais de incluir tres obras de Enrique X. Macías. A interpretación correu a cargo do Trío Arbós, Pierre Strauch e o Ensemble Nordesía e a Dirección artística foi responsabilidade de Manuel Rodeiro, quen asina un interesante texto sobre o festival e outro sobre a personalidade de Enrique X. Macías. A publicación inclúe ademais as sinpsis biográficas dos compositores e dos intérpretes participantes.

Ir á librería online

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo