O martes, 3 de xuño, de 11.00 a 13.30h e de 18.00 a 20.30h a Fundación Laxeiro será o escenario elixido polo artista Antonio Nodar para proseguir co seu proxecto From portrait to sel-fportrait, consistente na realización de retratos fotográficos de artistas para, unha vez realizados, entregarllos a cada un deles, para que o interveñan. O resultado final constituirá The Galician Album, e reunirá os retratos fotográfico orixinais e as intervencións que cada artista fixo deles. Este resultado será exposto en outono no Museo de Arte contemporáneo Gas Natural Fenosa de A Coruña. O proxecto comezou en 1996 e conta xa con diversas series ralizadas ao redor do mundo.
Todolos artistas que queiran participar, non teñen máis que pasarse pola Fundación Laxeiro (R/Policarpo Sanz, nº15, 3º, 36202 Vigo, nos horarios indicados máis arriba.