Últimos días para visitar a expoisición “Laxeiro, escritos”

27.01.2011

Laxeiro, escritos. Pensamentos relatos e recordos
Clausura: domingo, 30 de xaneiro

A Fundación Laxeiro clausura este domingo, 30 de xaneiro, esta mostra que abordou a descoñecida faceta literaria de Laxeiro.

Inaugurada o pasado 5 de novembro, a exposición é parte dun proxecto máis amplo no que levamos traballando durante todo o ano 2010 e que culminará coa presentación dun volume, editado en galego e castelán no que se recolle un total de 150 textos, que comprenden unha revisión dos xa editados ata o momeneto noutras publicacións, e unha gran parte de textos inéditos, editados a partir dos manuscritos orixinais que foron recompilados e trascritos de forma literal pola súa bisneta, Paula García Suárez, para logo ser revisados e traducidos por Anxos Sumai e Javier Pérez Buján e, comentados, estruturados e editados por este último, tamén comisario da exposición e director artístico da Fundación Laxeiro.

O libro será presentado nos próximos días e se estrutura nos seguintes apartados:

Textos poéticos , diarios , reflexións , soños , relatos e recordos , presentacións e pregóns , semblanzas , textos e conferencias sobre arte.

O proxecto, financiado pola Deputación de Pontevedra, constitúe unha aportación de primeira orde á cultura galega, xa que, por primeira vez, dá conta dunha faceta de Laxeiro, certamente descoñecida, na que, a partir dun total de 230 textos orixinais, recollidos en notas, apuntamentos e cadernos que Laxeiro nunca pensara publicar, descobrimos un Laxeiro lírico e intimista nos textos poéticos, moi próximo ao mundo rosaliano e á xeración do 27; un Laxeiro sensible e comprometido co seu traballo, nos seus diarios e reflexións; un Laxeiro dunha gran capacidade fabuladora, más coñecida, nos soños, relatos e recordos; un Laxeiro conscente do valor humano e artístico de diversos amigos nas semblanzas, e un Laxerio independente con respecto ao panorama artístico da súa época, nostextos sobre arte e as conferencias.

A mostra foi visitada por 2.840 persoas e significou unha oportunidade para gozar da contemplación dos textos manuscritos orixinais, ao mesmo tempo que se podía ler os contidos, mediante a transcrición mecanografada dos contidos de cada documento, nunha montaxe austera, carente de imaxes na procura de dirixir a atención á documentación escrita exposta.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo