Laxeiro, as viñetas que non foron ao prelo
A Fundación Laxeiro conmemora o XXX aniversario do falecemento do pintor cunha exposición na que rescata un pequeno grupo de debuxos inéditos dos anos vinte, nos que se pode rastrexar unha gran parte das características que definiron o seu traballo posterior.
A exposición, produto do labor de investigación que a Fundación leva a cabo de xeito continuado, reivindica un Laxeiro moi novo, totalmente inserido xa, nas correntes internacionais das vangardas de entre guerras.



