"Restaurante puerta 98" tag

24 de febreiro, comida anual homenaxe a Laxeiro, entrega do Premio Laxeiro 2018

O 24 de febreiro celebrarase a comida anual homenaxe a Laxeiro á que se suma o Padroado da Fundación que leva o seu nome e na que, como ven sendo habitual, o Presidente da Fundación Laxeiro e alcalde de Vigo, Abel Caballero, fará entrega do Premio Laxeiro 2018 a Xosé Luis Méndez Ferrín, como recoñecemento á súa traxectoria a prol da literatura e da cultura galegas.

17 de febreiro Comida homenaxe a Laxeiro, entrega do Premio Laxeiro 2017

Por razóns de axenda, este ano, a tradicional comida homenaxe a Laxeiro e a entrega do Premio Laxeiro 2017, celebrarase o venres, 17 de febreiro. O menú é de 35 euros e o aforo é limitado. Reservas en Fundación Laxeiro, tlf: 986-43 84 75 (de 10.00h a 13.00h) ou en info@laxeiro.org

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo