"Manuel Sendón" tag

Espantallos 2012-2025. Manuel Sendón

A Fundación Laxeiro presenta este proxecto no que Manuel Sendón retoma o seu traballo de fotografado de espantallos do rural galego para presentalo en Vigo baixo outra mirada, escollendo tres e presentándoos en tres series de imaxes en formato de secuencia, realizadas dende 2012 ata 2015. O artista introduce así o factor temporal e, con el, convídanos a unha contemplación con certa narratividade, na que se pode ver a evolución a través do tempo dos tres espantallos convertidos en personaxes. O proxecto ofrece múltiples reflexións acerca da cultura popular, a reciclaxe característica das culturas labregas e certos puntos de conexión entre a funcionalidade e a estética, ademais de suxerir, a modo de metáfora visual, o estado no que se atopa o agro galego, ou mesmo cara a onde imos no mundo actual.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2026 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo