"Fundación Laxeiro" tag

Amancio Prada, Premio Laxeiro 2016

O galardón foi entregado ao artista polo Presidente da Fundación Laxeiro e Alcalde de Vigo, Abel Caballero, na comida homenaxe a Laxeiro que se celebrou o 19 de febreiro no restaurante Puerta 98 de Vigo

Carlos Oroza. In memoriam

O sábado, 21 de novembro faleceu o xenial poeta viveirense, aos 93 anos, deixando tras de si unha obra irrepetible na que a palabra falada foi sempre a protagonista da súa poesía

The flickering darkness de Juan delGado

Por primeira vez móstrase en España este proxecto audiovisual que ofrece unha reflexión sobre a xestión alimentaria, mediante un audiovisual en tres canles gravado no mercado de Corabastos en Bogotá, o mercado máis grande de Latinoamérica.

A exposición “En tránsito” de María Galán viaxa a Oporto

o proxecto da artista viguesa viaxa a Oporto para amosar, ademais das obras que se viron na Fundación Laxeiro, novas obras que mostran a súa visión da paisaxe portuguesa

A caza de Elena Fernández Prada prorrogada ata o 30 de agosto

A caza é a primeira exposición individual de Elena Fernández Prada en Galicia, despois das individuais Viaje a Surinam en La New Gallery, Madrid, en 2012 e Buscando la felicidad no Centro Tomás y Valiente de Fuenlabrada, en 2014. A artista ven de participar na exposición colectiva titulada “Lo real maravilloso”, no (MOT) Museum of Contemporary Art Tokyo en Japón, ademais de estar presente tamén na exposición colectiva titulada “1915-2015, una relectura del siglo”, dentro do Festival SYMPHONOS que terá lugar os días 9, 10 e 11 de abril no Centro Cultural Conde Duque de Madrid.

Visibilidade mínima de Juan Adrio viaxa a Oporto

A exposición que se puido visitar na Funación Laxeiro dende o 31 de outubro de 2014 ao 18 de xaneiro de 2015, visita agora a sala Maus Hábitos en Oporto, onde se poderá visitar ata o 18 de abril

O escultor Silverio Rivas gaña o Premio Laxeiro 2015

O galardón, que este ano estrea novo formato, foi entregado por Abel Caballero, presidente da Fundación Laxeiro e Alcalde de Vigo, na tradicional comida anual Homenaxe a Laxeiro. No acto tamén interveu o novo Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, quen se estranaba como Patrón da Fundación e o Secretario Xeral do Padroado e neto de Laxeiro, Carlos García-Suárez

20 de febreiro. Xantar homenaxe a Laxeiro e Premio Laxeiro 2015

Este ano, por coincidir o día 23 de febreiro en luns, o tradicional xantar homenaxe a Laxeiro e o acto de entrega do Premio Laxeiro, celebraranse o venres, 20 de febreiro. Cuberto 35€ Reservas antes do 18 de febreiro en: Fundación Laxeiro. tlf: 986-43 84 75 info@laxeiro.es Agardámoste!

Éxito de público na inauguración de “En tránsito” de María Galán

O pasado 30 de xaneiro inauguramos e exposición temporal titulada “En tránsito” de María Galán. Numeroso público achegouse á Fundación Laxeiro para participar no acto de inauguración

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo