767
Este catálogo ilustra un proxecto expositivo levado a cabo en colaboración coas Fundacións Laxeiro, Luis Seoane, Eugenio Granell e o MACUF. Nel o Grupo 20, formado a raíz dun obradoiro de artista desenvolvido no MACUF con Juan Genovés, amosaron os seus traballos repartidos nas diferentes sedes das entidades participantes.
Transversais, visións fronteirizas da fotografía en Galicia
Unha interesante publicación que, no principio do século XXI aborda as fronteiras expresivas entre a fotografía e outras expresións plásticas na arte contemporánea galega. Esta exposición foi programada na Fundación Laxeiro co comisariado de Xosé Luis García Canido e a produción do CGAI (Centro Galego de artes da imaxe).
César Galicia
César Galicia (Madrid, 1957) realizou a súa primeira exposición individual en Galicia, na sede da Fundación Laxeiro no ano 2000. O pintor realista madrileño mostrou un total de 12 traballos entre os que destacan o seu célebre “El boxeador”. Unha impresionante acuarela e grafito sobre madeira, de 200 x 94 cm.
A selva de Alicia
Catálogo monográfico da exposición do mesmo nome que se programou na Fundación Laxeiro en 2000. O artista Armindo Salgueiro (Lalín, Pontevedra, 1961) desenvolve unha obra herdeira do movemento pop, a partir da que compón un universo persoal, utilizando os recursos da pintura figurativa, a fotografía e a instalación.