RADIADOR. Nova figuración en Galicia
Sería imposible intentar unha aproximación á figuración actual e, máis concretamente, á utilización de estratexias debedoras da tradición realista, sen ter en conta as aportacións de movementos e correntes como o surrealismo, a abstracción, o pop…
A selva de Alicia
Catálogo monográfico da exposición do mesmo nome que se programou na Fundación Laxeiro en 2000. O artista Armindo Salgueiro (Lalín, Pontevedra, 1961) desenvolve unha obra herdeira do movemento pop, a partir da que compón un universo persoal, utilizando os recursos da pintura figurativa, a fotografía e a instalación.