César Galicia
César Galicia (Madrid, 1957) realizou a súa primeira exposición individual en Galicia, na sede da Fundación Laxeiro no ano 2000. O pintor realista madrileño mostrou un total de 12 traballos entre os que destacan o seu célebre “El boxeador”. Unha impresionante acuarela e grafito sobre madeira, de 200 x 94 cm.
Os Laxeiros de Lalín
Publicación que cataloga a obra de Laxeiro que compón a Colección permanente do Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín. Un conxunto de 36 traballjos, a maioría sobre papel, que abarcan o período de 1930 a 1992 e que foron expostos de forma temporal na Fundación Laxeiro en 2000.