As nosas exposicións sobre obra de Laxeiro dispoñibles en flickr
O Catálogo Universal de Laxeiro, unha obra pioneira en Galicia na que por primeira vez se levou a cabo a catalogación completa dun artista galego, permítenos poder ofrecer ao público, mediante a ferramenta flickr, as imaxes coas súas fichas completas, das obras que foron incluídas nas diversas exposicións realizadas sobre a obra do artista.
25 de abril. Reunión de catalogación e expertización de obra
O vindeiro 25 de abril, a Fundación Laxeiro celebrará unha reunión de catalogación e expertización de obra . As persoas interesadas, deben poñerse en contacto coa Fundación Laxeiro antes do 23 de abril