Lito Portela presenta, Espiñas coroadas
10.05.2013 – 14.07.2013
Fundación Laxeiro
Comisario: Carlos L. Bernárdez
Música: Julián Hernández
Textos: Manolo Romón
Deseño: noncommon_artbrandingeditions
(arquitectura & edición)
Produce: Concello de Vigo. Sala Alterarte, Campus de Ourense
Colabora: Pinturas Proa
Presentación do libro “Do Idilio á diáspora” de Carlos López Bernárdez
O mércores, 25 de abril de 2012, tivo lugar a presentación do libro titulado Do idilio á diáspora, modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane, escrito por Carlos López Bernárdez. Unha novidade editorial de Nigra Trea na que se fai unha análise interesante, amena e rigorosa, da evolución da plástica galega dende os albores do século XX até os anos cincuenta e unha contextualización das linguaxes de renovación estética que, dende Galicia ofreceron a súa propia visión da contemporaneidade, nun período no que a axitación das vangardas internacionais mudaron a relación da arte co mundo.
De Vigo a Bos Aires, Laxeiro e a pintura galega de posguerra
Unha interesante publicación que analiza as circunstancias culturais e históticas nas que se desenvolve a pintura galega de posguerra, tomando como fío condutor a figura de Laxeiro, desde a súa chegada a Vigo, en 1941 ata a súa marcha a Bos Aires en 1951.
Laxeiro, debuxos inéditos IV. Retratos sobre papel
Esta cuarta entrega da Colección titulada xenéricamente Debuxos inéditos, está dedicada na súa totalidade ao retrato sobre papel, amosando obras de preparación e definitivas de diferentes períodos, como finais dos anos vinte ata obras dos anos setenta.