Exposición “Anomia” de Rosa Úbeda. 13 de maio – 10 de xullo de 2016
Rosa Úbeda (Pontevedra, 1958) presenta na Fundación Laxeiro de Vigo a exposición individual titulada Anomia, un proxecto no que a través dunha selección de obras de diferentes épocas, a artista propón un percorrido pola sintaxe da súa linguaxe pictórica, caracterizada pola mestura de códigos sen máis regras que a súa persoal forma de comunicar. A artista non expoñía en Vigo de forma individual, dende 2005.
Antón Cabaleiro, obra 2001-2005
Gañador da Bolsa Fundación Laxeiro á creación artística, co proxecto titulado Coexistencias pacífidas, Antón Cabaleiro (Santiago de Compostela, 1977) realizou o que foi o seu primeiro proxecto expositivo individual para o que se editou esta publciación que recolle, ademais…