Laxeiro, debuxos inéditos III
Terceira entrega da serie titulada xenéricamante Laxeiro, debuxos inéditos que recolle diferentes aspectos do labor debuxístico do pintor, ilustrado sempre con obras inéditas, como pequena mostra do labor de catalogación da obra de Laxeiro, levada de xeito continuado pola Fundación Laxeiro. Neste caso, a publicación está dedicada a debuxos rematados e bosquexos que abranguen toda a súa traxectoria. Nesta Colección, formada por seis volumes, pódese apreciar a faceta de Laxerio máis procesual,…
Laxeiro, debuxos inéditos II
Segunda entrega da serie titulada xenéricamante Laxeiro, debuxos inéditos que recolle diferentes aspectos do labor debuxístico do pintor, ilustrado sempre con obras inéditas, como pequena mostra do labor de catalogación da obra de Laxeiro, levada de xeito continuado pola Fundación Laxeiro.
Laxeiro, debuxos inéditos I
Primeira entrega da serie titulada xenéricamante Laxeiro, debuxos inéditos que recolle diferentes aspectos do labor debuxístico do pintor, ilustrado sempre con obras inéditas, como pequena mostra do labor de catalogación da obra de Laxeiro, levada de xeito continuado pola Fundación Laxeiro.
Transversais, visións fronteirizas da fotografía en Galicia
Unha interesante publicación que, no principio do século XXI aborda as fronteiras expresivas entre a fotografía e outras expresións plásticas na arte contemporánea galega. Esta exposición foi programada na Fundación Laxeiro co comisariado de Xosé Luis García Canido e a produción do CGAI (Centro Galego de artes da imaxe).
Diálogos
Un catálogo que ilustra dúas exposicións individuais nun mesmo tempo e espazo, levada a cabo en 2001, na Fundación Laxeiro, como diálogo dos universos creativos de dous dos máis relevantes escultores cerámicos españois.
César Galicia
César Galicia (Madrid, 1957) realizou a súa primeira exposición individual en Galicia, na sede da Fundación Laxeiro no ano 2000. O pintor realista madrileño mostrou un total de 12 traballos entre os que destacan o seu célebre “El boxeador”. Unha impresionante acuarela e grafito sobre madeira, de 200 x 94 cm.
Os Laxeiros de Lalín
Publicación que cataloga a obra de Laxeiro que compón a Colección permanente do Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín. Un conxunto de 36 traballjos, a maioría sobre papel, que abarcan o período de 1930 a 1992 e que foron expostos de forma temporal na Fundación Laxeiro en 2000.