O Laxeiro informalista na Coleccion Alcalde Varela
A Colección Alcalde-Varela é sen dúbida, a colección non institucional máis importante de obra de Laxeiro. Esta publicación recolle unha escolma de 47 pezas sobre papel e tea que abordan o aspecto informalista e máis experimental de Laxeiro.
Laxeiro en Buenos Aires
En 2006 a Fundación Laxeiro organizou unha exposición no Museo Nacional de Bellas Artes (MNBA) de Bos Aires. Un proxecto comisariado por Javier Pérez Buján que ofrecía unha visión do cambio que a cidade arxentina provocou na obra do pintor galego.
Antón Cabaleiro, obra 2001-2005
Gañador da Bolsa Fundación Laxeiro á creación artística, co proxecto titulado Coexistencias pacífidas, Antón Cabaleiro (Santiago de Compostela, 1977) realizou o que foi o seu primeiro proxecto expositivo individual para o que se editou esta publciación que recolle, ademais…
Jorge Castillo, obra recente
A exposición que ilustra este catálogo significou a reaparición en Galicia dun dos pintores galegos vivos máis internacionais como é Jorge Castillo (Pontevedra, 1933), despois da súa retrospectiva no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de…
Reintegración. Miguel Pereira-Enrique Velasco
Os artistas Miguel Pereira (Madrid, 1947) e Enrique Velasco (Pontevedra, 1954), propuxeron, da man do comisario Antón Castro Fernández, unha instalación na que traballaron o concepto de memoria desde dúas posicións estéticas e técnicas moi diferentes,…
Laxeiro, el carnaval de las formas
Esta publicación foi editada pola Fundación Laxeiro co motivo da exposición do mesmo nome, comisariada por Javier Pérez Buján, levada a cabo na sede do Instituto Cervantes en Lisboa, en el año 2003. Nel abórdase a faceta de Laxeiro máis experimental, localizada a partir da súa estadía en Bos Aires, no ano 1951.
Laxeiro, debuxos inéditos VI. Anatomías
Esta última entrega da serie Debuxos inéditos está dedicada á anatomía humana e inclúe interesantes bosquexos do seu período de formación na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, así como diferentes interpretacións do nú feminino de diversos períodos da súa traxectoria.
Laxeiro, debuxos inéditos IV. Retratos sobre papel
Esta cuarta entrega da Colección titulada xenéricamente Debuxos inéditos, está dedicada na súa totalidade ao retrato sobre papel, amosando obras de preparación e definitivas de diferentes períodos, como finais dos anos vinte ata obras dos anos setenta.