Translittera. Festival de novas linguaxes poéticas
O festival TRANSLITTERA recalou en Vigo, na sede da Fundación Laxeiro para continuar co seu labor de transgresión literaria e apertura cara outros medios de expresión. Patrocinado polo Consello da Cultura Galega, TRANSLITTERA é unha experiencia que, a través de cinco Fundacións espalladas por toda Galicia, amosa unha panorámica bastante completa da creación poética galega máis contemporánea.