Premio Laxeiro 2021. Rodrigo Romaní

Rodrigo Romaní (Noia 1957) comezou a súa traxectoria profesional na segunda metade da década dos anos setenta, no contexto do movemento popular da Canción Galega. Formou parella artística co músico Antón Seoane. Na súa compaña e co grupo de música tradicional Faíscas do Xiabre fundou Milladoiro en 1979. Con Milladoiro acadou diversos premios internacionais, percorreu a escena folk mundial, e rexistrou doce discos. En 2001 deixou o grupo para dedicarse a outras actividades artísticas e educativas.

Creou para o Concello de Vigo o Departamento de Música Tradicional da Universidade Popular en 1996, primeiro centro educativo en España que relacionaba entre si os instrumentos da tradición oral e as recentes recreacións urbanas do folk. Refundado como Escola Municipal de Música Folk e Tradicional, ETRAD, en 2008, actualmente recibe a 400 alumnos anualmente en todos os niveis educativos.

Arpista autodidacta no folk, emprendeu estudos de arpa clásica con Susana Cermeño. Creou a primeira aula de arpa céltica da Península en 1996. En 2013, a causa dun accidente que lle ocasionou a perda dunha falanxe da man dereita, tivo que deixar a docencia para deseñar unha técnica persoal de interpretación da arpa.

En 2007 forma o Trío Lizgairo con Anxo pintos e Xosé Liz

A principios do século crea, na compaña de outros mestres da actual ETRAD, a primeira Orquestra Folk de España, SonDeSeu, coa que lidera o proxecto europeo ENFO en 2008.

Ten numerosos premios e distincións, colectiva e individualmente, como o Goya á mellor Banda Sonora, Pedrón de Ouro, María Casares, Vieira de Prata ou o Premio Nacional de Folklore 2017.

É produtor discográfico dos primeiros traballos de Susana Seivane e Treixadura.

Como solista de arpa ten colaborado con artistas como Carlos Nuñez, Liam O’Flynn, Bill Whelan, Paul Winter, English Chamber, RTE Orchestra, Orquesta Reina Sofía, Sinfónica de Galicia ou Real Filharmonía de Galicia.

Crea en 2014 o Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, Noia Harp Fest, do que é actualmente director artístico.

Fonte: www.rodrigoromani.pro

DISCOGRAFÍA

En solitario

2000, Albeida

2003, Cantos caucanos

2021, As arpas de Breogán

Con Milladoiro

1980, A Galicia de Maeloc

1981, O Berro Seco

1982, 3

1985, Solfafría

1986, Galicia no país das Maravillas

1989, A Galicia de Maeloc

         O berro seco (álbum recopilatorio)

1989, Castellum Honesti

1992, Galicia no Tempo

1993, Vía Láctea

1993, A Xeometria da Alma

1994, Iacobus Magnus

1995, Gallaecia Fulget

1995, As Fadas de Estraño Nome

(álbum en directo)

1996, Antoloxia

1999, No confín dos verdes castros

1999, Auga de Maio

2001, Gloria Tibi Sit

2002, Todas sus grabaciones en CBS

          (1982–1986, recopilatorio)

2002, O niño do Sol

2002, Adobrica suite

2005, 25

2006, Unha estrela por guía

2008, A Quinta das Lágrimas

Bandas sonoras con Milladoiro

1987, Divinas Palabras

2000, Tierra del Fuego, junto a Ángel Parra

Con SonDeSeu

2004, Mar de Vigo

2007, Trastempo

2010, Barlovento

2013, Danzas brancas

2018, Beiralúa

Con Trío Lizgairo

2008, Diacronías

Outros Premios Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2021 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo