Premio Laxeiro 2019: Coral Casablanca

Fundada en 1957, a Casablanca é a coral en activo máis antiga da cidade de Vigo, cun historial de concertos que, ademais de continuas actuacións en Galicia, comprende tamén actuacións en Portugal (Catedral de Oporto), Bélxica (Catedral de Bruxelas), Francia (Catedral de L’Orient e Teatro da Comunidade de Estrasburgo), Alemaña e outros lugares de España como Madrid (Teatro Nicolás Salmerón e Hotel Westin Palace), Barcelona (Palau da Música), Canarias (Teatro Pérez Galdós de Las Palmas), Aragón (Teatro C.A.I. de Zaragoza), Euskadi (Festival Internacional de Bakio), Asturias (Teatro Filarmónica de Oviedo, Plaza Mayor de Xixón, con motivo do Festival Arco Atlántico), Festival Internacional de Cantonigrós e un longo etcétera que acredita un decidido compromiso coa música coral, inquebrantable a través dos anos.

ACOMPAÑAMENTOS

Teñen acompañado a solistas do
Bel Canto da talla de: Giuseppe Giacomini, Pedro Lavirgen, Renata Daltín, Anne
Marie Antoine, Mª Carmen Hernández, Josefina Meneses, Eduardo Del Campo,
Santiago Sánchez Jericó, Ricardo Jiménez, Ignacio Encinas, Gabriel Vivas, Mario
Ferrer e Sergio de Salas.

DIRECTORES CONVIDADOS

Entre os directores invitados
cabe destacar a: Nino Bonavolonta, (Director da Orquestra Sinfónica de
Cagliari); Zenaida Castro Romeu, (Directora de la Orquestra de La Habana e da
Camerata Romeu); Maximino Zumalave (Director da Real Filharmonía de Galicia);
Rogelio Groba; Alina Orraca Llama, (Directora da Schola Cantorum Coralina de
Cuba), Piero Lombardi e Fernando Malvar-Ruíz,(Director do American Boychoir).

ÓPERAS

Dadas las características da
Coral, 130 voces mixtas, cultivan o xénero operístico, tendo representado:
“El Monte de las Ánimas” de A. Rdguez. Losada, “Nabucco” e
“La Forza del Destino” de G. Verdi.

FORMACIÓN

Periódicamente realizan cursos de formación con profesores de recoñecido
prestixio internacional como: Zenaida Castro Romeu, Tatiana Sajarova, Montserrat
Pueyo, Manuel Cabero e Alina Orraca Llama.

A ORQUESTRA

Formada en 1991, está integrada por cincoenta músicos profesionais, de
diferentes procedencias: galegos, rusos, lituanos, letóns, moldavos, ucraínos,
checos, portugueses e cubanos, que, ademais desempeñan labores docentes en
Conservatorios y Escolas de Música de Galicia e Norte de Portugal.

PUBLICACIÓNS

Dende o mes de decembro de 2009, publican, con periodicidade trimestral,
a revista “SONS”, que recolle as noticias de actualidade da Coral e
conta coa colaboración de numerosas personalidades de prestixio internacional nos
ámbitos da musicoloxía, a música, a danza e o teatro.

PREMIOS E
DISTINCIÓNS

Medalla
de Ouro da Real Academia Galega das Belas Artes 2010.

Primer Premio de Polifonía. Certame
de Torrevieja.

Premio de Honor e Medalla de Ouro
en el Certamen de Habaneras de Torrevieja.

Primer Premio y Medalla de Oro da
Dirección de Radio Televisión Española.

Premio de Honor e da Crítica no
Certame de Habaneras de Torrevieja.

Primeiro
Premio
da Canción do Mar de Ferrol.

Primeiro Premio de Corais Galegas
en Santiago de Compostela.

Primeiro Premio no 11º Concurso
de Corais de Pontevedra.

Premio de Honor no Festival de
Polifonía de Mieres, (Asturias).

Premio de Honor a Semana Musical
de Candás, (Asturias).

Premio de Honor da Fundación
Gulbenkian de Lisboa, (Portugal).

Premio Reconquista de Vigo, (en
tres edicións).

Medalla de Ouro do Círculo
Mercantil e Industrial de Vigo.

Medalla dol Festival Celta de
L’Orient, (Francia).

DISCOGRAFÍA

Cruzando
puentes, 2012

Belle Pop,
2010

Música de Dúas
Beiras (2009)

Para
Siempre Siglo XX (2007)

Zarzuela, Sí
(2005)

Canticorum
Jubilo (1996)

As Cantigas
da terra e do mar (1995)

Galiza
esperta

Ausencia

Outros Premios Laxeiro

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo