Os Laxeiros de Lalín

21.07.2000 – 02.09.2000
A Fundación Laxeiro truxo a Vigo a Colección do Museo Ramón Mª. Aller, do Concello de Lalín.

Coincidindo co cabodano do pintor, a Fundación Laxeiro inaugurou o 21 de xullo, na pranta primeira da Casa das Artes, a exposición titulada Os Laxeiros de Lalín. Colección do Museo Ramón María Aller. Unha mostra composta por 36 pezas que Laxeiro doara ó Concello de Lalin.

Nesta exposición, composta case na súa totalidade por debuxos sobre papel, podemos gozar da gran facilidade que o Mestre tiña para o debuxo. Dende a súa estadía en Cuba, cando era un adolescente, Laxeiro aprendeu a debuxar e seguiría cultivando esta habilidade ata a súa morte.

A espontaneidade no trazo, a expresividade dos rostros que retrata, xentes do pobo, clientes da súa barbería ambulante, amigos da súa estancia na Arxentina, parientes, grupos de peresonaxes ás veces goyescos e esperpénticos, ás veces delicados. Unha poética que constrúe un mundo propio. Unha visión particular do seu entorno máis inmediato.

A sanguina, o lapis, o carbón e a acuarela son as ferramentas utilizadas para construir unha galería de personaxes que completa unha mostra donde a frescura e a inmediatez son quizáis os rasgos máis salientables da mesma, ó tratarse de debuxos feitos dun xeito desinhibido e espontaneo.

Con esta exposición a Fundación Laxeiro completou a súa oferta expositiva do verán de 2000, adicada totalmente a Laxeiro: A colección permanente, donde se pudo ver unha panorámica da súa producción con importantes pezas da súa traxectoria; a exposición Obra gráfica, composta polas carpetas de gravados Caos Armonía e Homenaje, e a exposición O Laxeiros de Lalín, onde se amosou ó Laxeiro debuxante. Tres facetas do pintor que dan unha visión bastante completa do seu mundo creativo.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo