Mércores, 11 de setembro, 19.00h
Fundación Laxeiro
Rúa Policarpo Sanz, 15, 3º 36202 Vigo
INTERVIRÁN
Mar Vicente
Din Matamoro
Javier Pérez Buján
Editada por Ritter Verlag de Klagenfurt, Austria, esta publicación recolle toda a traxectoria da artista Mar Vicente (Valadouro, Lugo, 1979) dende 2006 ata 2018.
Mar Vicente foi gañadora da Bolsa Fundación Laxeiro á Creación Artística, na súa edición 2006, co proxecto titulado Reflexo de superficies que se expuxo na Fundación Laxeiro en 2007. Con motivo daquela exposición, a Fundación Laxeiro editara un catálogo que recollía toda a súa traxectoria ata aquel ano, polo que, esta segunda publicación se pode entender como a continuación da primeira.
Mar Vicente quixo que a primeira presentación en España se realizara na Fundación Laxeiro, como recoñecemento á relevancia que para a súa traxectoria posterior tivo aquel arranque na Fundación Laxeiro, grazas ao que puido levar a cabo a súa primeira exposición individual e editar aquela publicación (en galego, castelán e inglés) que lle serviu de ferramenta para difundir o seu traballo, tanto dentro, como fóra das nosas fronteiras.
A publicación que se presenta na Fundación Laxeiro é en realidade, dúas publicacións complementarias.
Por unha banda, un libro convencional, de 172 páxinas,
con textos en alemán, inglés e castelán, asinados por dúas historiadoras de
arte, a suíza Patricia Grzonka e a xermana Barbara Oettl. A publicación
complétase con numerosas fotografías que ilustran a evolución do traballo de
Mar Vicente nestes últimos anos.
Por outra banda, preséntase tamén un libro obxecto ou
un libro de artista, cos mesmos contidos, pero encadernado de forma artesanal,
utilizando os materiais habituais que mar Vicente utiliza na súa obra, como
lenzo e pintura acrílica, presentado nun estoxo realizado tamén cos materiais
citados, converténdose así nunha obra da artista, na que cada exemplar é unha
peza única



