Laxeiro, sempre Laxeiro, un documental de Emilio J. Fernández financiado polo concello de Lalín e a Xunta de Galicia

Ver o documental

O pasado 11 de xuño estreouse en Lalín este documental, un retrato do home e do artista a través do testemuño de persoas achegadas a Laxeiro como o seu neto, Carlos García-Suárez Otero, o pintor Antón Lamazares, as historiadoras Pilar Corredoira e Cecilia Doporto, o biógrafo de Laxeiro e catedrático de Historia da Arte, Xosé Antón Castro, e os escritores Daniel González Alén e Carlos Reigosa.

O documental complétase con fragmentos dunha entrevista inédita a Laxeiro e documentación fotográfica de diferentes momentos da súa vida.

O traballo, realizado por Emilio J. Fernández, foi unha encarga do concello de Lalín e a Xunta de Galicia, con motivo do Ano Laxeiro, consecuencia do acordo da Real Academia Galega de Belas Artes de dedicar o Día das Artes Galegas ao pintor de Lalín.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo