Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro

Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro

Ficha técnica:
Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro
Ed. Fundación Laxeiro, 2011
Editor: Pérez Buján, J.
Textos: Pérez Buján, J.; Otero Abeledo, J.
Idiomas: Galego e castelán
Revisión lingüística: Anxos Sumai, Javier Pérez Buján
Documentalista: Paula García Suárez Fernández
437 páxinas
Medidas: 23 x 16,5 cm.
Encadernación en rústica
ISBN: 978-84-935616-4-2
PVP: 25 €
PVP Amigos platino: 17 €
PVP Amigos ouro: 22 €

Recopilzación de escritos de Laxeiro que se estructura en textos poéticos, reflexións, diarios, soños, retaos e lembranzas, pequena peza teatral, retratos, presentacións e pregóns, textos sobre arte.

Sorprendente publicación que recopila o pensamento de Laxeiro a través de textos do artista, a marioría inéditos e que descobren unha personalidade complexa e chea de rexistros e matices. Don Ramiro é o heterónimo utilizado por Laxeiro para asinar a súa obra literaria, en homenaxe á súa parroquia natal, Donramiro, pertencente ao Concello de Lalín. O libro descobre un Laxeiro poético e literario, tamén as súas preocupacións e pesadelos e a opinión do artista sobre diversas cuestións artísticas. Inclúe os textos xa publicados con anterioridade, entre os que se atopan as famosas conferencias tituladas O becho creativo e Os barrigas verdes da pintura, debidamente revisados e actualizados a partir das fontes orixinais. Tamén contextualiza o seu pensamento, mediante a inclusión de numerosas notas a pé de páxina e de escritos que retratan aos seus compañeiros de xeración.

Ir á librería online

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo