Laxeiro…el eterno retorno

02.03.2001 – 14.04.2001
Exposición antolóxica de Laxeiro na cidade de La Habana, Cuba.
Comisaria Concha Fontenla
Patrocinan:
Xunta de Galicia
Fundación Caixa Galicia
Iberia, líneas aéreas de España

A Fundación Laxeiro inaugurou no Salón Branco do Convento de San Francisco, na cidade da Habana, a exposición titulada Laxeiro…o eterno retorno. Unha exposición antolóxica que levará un total de 45 pezas do pintor á cidade da Habana.

O pintor José Otero Abeledo (Laxeiro), (Lalín, Pontevedra, 1908-Vigo 1996), forma parte do colectivo de renovadores que desde a chamada vangarda histórica galega, renovaron o panorama pictórico de Galicia. El, xunto a Colmeiro, Seoane, Souto e algún outro foron os encargados de dar á pintura galega o pasaporte cara á contemporaneidad.

Con esta exposición, a Fundación Laxeiro salda unha débeda con Cuba, cidade onde Laxeiro pasou a súa adolescencia (dos 13 aos 17 anos) e onde espertou a súa vocación artística.

A exposición, composta por obras das súas diferentes épocas, está estruturada nun recorrdo que nos remite ao peculiar mundo do pintor de Lalín.

Hai unha primeira parte titulada: ENTROIDO-POLIFONÍAS onde se poden admirar as obras craves da súa época granítica, todas elas datadas entre os anos trinta e corenta.

Un segundo capítulo, o titulado: XEOGRAFÍA DA DIVERSIDADE, remítenos á época máis expresionista do pintor, con temáticas que tocan o imaxinario máxico emparentado co mundo de Cunqueiro, o Goya das pinturas negras ou o Val Inclán dos esperpentos.

Nun terecer capítulo titulado XEOGRAFÍA DO HOME, déixase constancia do Laxeiro retratista. Unha disciplina que cultivou con gran mestría ao longo de toda a súa vida.

Acaba a exposición co capítulo titulado XEOGRAFÍA DA DIFERENZA onde se poden ver pezas nas que a composición é o elemento definitorio do seu discurso e onde alterna unha figuración neoexpresionista cunha abstracción colorista e gestual, onde a sabedoría do artista maduro (obras da década dos oitenta e noventa) combina a gestualidad, a abstracción, o colorismo e o expresionismo de trazo rápido e cores intensas que tanto cultivou ao longo da súa vida).

Con esta exposición, a Fundación Laxeiro inicia unha itinerancia en diferentes lugares fóra de Galicia co obxectivo de difundir a obra deste pintor, xenial, influencia decisiva nas xeracións posteriores e tan pouco coñecido fóra de Galicia.
Esta exposición está patrocinada pola Xunta de Galicia e a Fundación Caixagalicia e conta coa colaboración da Oficina do Historiador da Habana, Meliá Cohíba e Iberia.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo