PERFIL BIOGRÁFICO DE LUZ POZO
Luz Pozo
Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922) foi catedrática de Ensino Medio, é membro numerario da Real Academia Galega e directora da revista Nordés.
Síntese biográfica
Luz Pozo Garza naceu na vila luguesa de Ribadeo en 1922, no seo dunha familia de clase media de ascendencia galega nobre. Sendo aínda unha nena trasladouse a Viveiro onde viviu ata o comezo da guerra civil. Coa chegada da confrontación, seu pai, militante republicano, foi encarcerado, e a familia seguiuno primeiro a Lugo e despois a Marrocos ata que en 1940 regresaron a Viveiro. Durante estes anos de guerra e posguerra aproba o Exame de Estado e no Conservatorio de Madrid a carreira elemental de Piano. En 1949 conclúe a carreira de Piano (nivel superior) no Conservatorio da Coruña e acada o título de mestra de primeiro ensino. En 1963 licenciase en Filoloxía Románica pola Universidade de Oviedo. En 1964 aproba as oposicións de profesora adxunta de Bacharelato de Lingua e Literatura españolas, que a levan a impartir clases nos institutos de Badaxoz, Corcubión -como directora- ou A Coruña, cidade na que residiu desde 1964 a 1977; desde 1980 exerce como catedrática de Lingua e Literatura españolas en Nigrán e Vigo. Xubílase en 1982 e actualmente reside na Coruña.
LABOR EDITORIAL
O seu labor editorial comezou coa revista Nordés, revista de poesía y crítica, que na súa primeira andaina (1975-1976) codirixiu con Tomás Barros. Na segunda etapa dirixiu en solitario desde Vigo vinte e dous números máis de Nordés. Mantiña agora as liñas proxectadas orixinariamente, dar a coñecer a poesía galego-portuguesa actual, proporcionar unha plataforma aos novos poetas e dar a coñecer as últimas producións de ensaio e narración breve en galego: Cunqueiro, Dieste, Eduardo Moreiras, Neira Vilas, Xosefa Goldar, Fernando Agrasar, Fernández del Riego, X. María Álvarez Cáccamo, Tomás Barros, etc. Dirixe tamén a revista Clave Orión: poesía, arte, música, en once números de carácter universalista.
COLABORACIÓNS EN PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS
Foi e é colaboradora habitual de revistas nacionais e estranxeiras, La Noche, Poesía española, Ínsula, Vida gallega, Clave Orión, Ateneo Ferrolán, Galeuzca, Nordés ou Grial, son algunhas das publicacións que deron cabida aos seus artigos e poemas.
Traxectoria académica
Título superior de Piano, Mestra de Ensino Primario, Licenciada en filoloxía Románica, Catedrática de Lingua e Literatura Españolas.
Pronunciou conferencias nas Universidades de Berlín, Heidelberg, Tréveris (1999) e Bruxelas (1999) e participou en distintos congresos e seminarios nacionais e internacionais.
MEMBRO DA REAL ACADEMIA GALEGA
Forma parte da Real Academia Galega como membro correspondente desde 1950 e como membro numerario desde o 29 de novembro de 1996, data en que deu lectura ao discurso de ingreso Diálogos con Rosalía, que foi contestado en nome da institución por don Xesús Alonso Montero.
OBRA LITERARIA
A súa obra poética abrangue títulos como Ánfora, (1949); El vagabundo (1952); O paxaro na boca (1952), que inaugura a colección Xistral, que dirixía Ánxel Xoán; Cita en el viento, (1962); Últimas palabras/ Verbas derradeiras (1975), poemario intimista que rompe todas as convencións ortográficas e no que reflexiona sobre a morte, a dor, o desamor e a angustia;Concerto de outono (1981); Códice Calixtino (1986); Prometo a flor de Loto, poemario concibido como un diálogo co finado Eduardo Moreiras (o seu segundo esposo), que foi gañadora do Premio Miguel González Garcés en 1992; Vida secreta de Rosalía (1996);Ribadeo, Ribadeo (2002); Medea en Corinto (2002); Historias fidelísimas (Antoloxía, 2003) e Memoria Solar (Poesía Completa, 2004), que recolle catorce poemarios de 1949 a 2004.
Como ensaísta publicou Álvaro Cunqueiro e ‘Herba de aquí e acola’ (1991); A bordo de ‘Barco sin luces’ sobre Luís Pimentel; Galicia ferida (A visión de Luís Seoane) (1994); Ondas do mar de Vigo: Erotismo e conciencia mítica nas cantigas de amigo, (1996). Así como numerosos artigos sobre Rosalía, Otero Pedrayo, Castelao, Dieste, Manuel Antonio, Franco Grande, etc.
Os seus poemas foron traducidos ao portugués, catalán, francés, inglés, alemán, húngaro, ruso e xaponés.
Como directiva, pertence ao PEN Clube de Galicia. Os Concellos da Coruña e da Pobra do Caramiñal dedicáronlle senllas rúas.
PREMIOS
- 2013. Premio Laxeiro a toda a súa traxectoria
- 2013. Premio Cultura Galega das Letras da Xunta de Galicia
- 2009. Premio da Crítica de poesía galega , por Deter o día cunha flor.
- 2002. Premio Galicia en Feminino: premio á participación artístico cultural das mulleres.
- 2001. Premio Asociación de escritores en lingua galega
- 2001. Premio Celanova Casa dos Poetas
- 1995. Medalla Castelao
- 1994. Premio Gallegas distinguidas. Diálogos 90
- 1992. Premio Deputación da Coruña
- 1992. Premio Miguel González Garcés , por Prometo a flor de loto.
- 1991. Premio á Creación Feminina da Consellería de Cultura a toda a súa traxectoria
- 1990. Premio Tomás Barros de ensaio
- 1974. VII Festa da Cantiga polo poema. Noticia dende a Coruña a un amigo foraño
Fonte: Real Academia Galega. (www.realacademiagalega.org)
OBRA EN GALEGO
Poesía
- paxaro na boca, 1952, Xistral.
- Últimas palabras / Verbas derradeiras, 1976, Nordés. Poemario intimista que rompe todas as convencións ortográficas e no que reflexiona sobre a morte, a dor, o desamor e a angustia;
- Concerto de outono, 1981, Edicións do Castro.
- Códice calixtino, 1986, Sotelo Blanco.
- Prometo a flor de loto, 1992, Deputación da Coruña. poemario concibido como un diálogo co finado Eduardo Moreiras (o seu segundo esposo)
- Vida secreta de Rosalía, 1996, Espiral Maior.
- Ribadeo, Ribadeo, 2002, Xunta de Galicia.
- Medea en Corinto, 2003, Linteo, edición bilingüe galego-castelán.
- Historias fidelísimas: poesía selecta 1952-2003, 2003, PEN Clube de Galicia.
- Memoria solar (obra poética íntegra), 2004, Linteo.
- As arpas de Iwerddon, 2005, Linteo.
- As vodas palatinas, 2005, Espiral Maior.
- Deter o día cunha flor, 2009, Baía Edicións. Con ilustracións de José Valentín.
Ensaio
- A bordo de “Barco sen luces” ou o mundo poético de Luís Pimentel, 1990, Sotelo Blanco. Edición corrixida e ampliada no 2011, publicada en Alvarellos.
- Álvaro Cunqueiro e “Herba aquí ou acolá”, 1991, Galaxia.
- Galicia ferida: a visión de Luís Seoane, 1994, Edicións do Castro.
- Diálogos con Rosalía, 1996, Real Academia Galega.
- Ondas do mar de Vigo: erotismo e conciencia mítica nas cantigas de amigo, 1996, Espiral Maior.
- Tres poetas medievais da ría de Vigo, 1998, Galaxia.
Antoloxías e obras colectivas
- Antoloxía da poesía galega actual. Nordés, 1978, Edicións do Castro.
- I Festival de Poesía no Condado, 1981, S. C. D. Condado.
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, 1997, Fundación Rosalía de Castro.
- Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Martín Codax, Mendiño e Johán de Cangas, 1998, Galaxia.
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, 2003, Tris Tram. Por Arturo Casas.
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Poemas de amor. Xeración dos 50, 2004, Tórculo. Por Maximino Cacheiro Varela.
- Son de poesía, 2005, Edições Fluviais, Lisboa.
- Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
- Poemas pola memoria (1936-2006), 2006, Xunta de Galicia.
- Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña, 2008, Espiral Maior.
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María.
- Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
- Poemas para Carmen Blanco, 2010, Libros da Cebra.
- Poetas con Valente, 2010, Universidade de Santiago de Compostela.
- To The Winds Our Sails, 2010, Salmon Poetry. Tradución do galego ao inglés.
- Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
- Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912–2012), 2012, A. C. Alexandre Bóveda.
- Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, 2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo.
OBRA EN CASTELÁN
Poesía