Día das Artes Galegas 2022, dedicado a Laxeiro

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrou o 26 de xuño de 2021, Sesión Ordinaria no Salón de Actos do Museo de Belas Artes da Coruña, na que acordou, por aclamación, homenaxear ao longo de 2022 e en especial o Día das Artes Galegas, 1 de abril, a José Otero Abeledo “Laxeiro” (Lalín, 1908 – Vigo, 21 de xullo de 1996). Proposta subscrita por académicos e varios colectivos culturais de Galicia.

Motivo neste caso para afondar e difundir a figura de LAXEIRO, decisiva para o desenvolvemento e difusión da arte galega no século XX, cuxa obra moderna e renovadora estivo sempre comprometida coa realidade do contexto sociocultural do seu tempo.

A fundación Laxeiro quere agradecer esta distinción á Real Academia e tamén os apoios recibidos á candidatura das persoas e os colectivos que se sumaron á iniciativa.

Fundación Laxeiro

A Fundación Laxeiro foi constituída legalmente o 23 de febreiro de 1999 por acordo do Concello de Vigo e da Familia do pintor sendo declarada polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Xunta de Galicia, de INTERESE CULTURAL e de INTERESE GALEGO respectivamente.

Fundación Laxeiro © 2023 All Rights Reserved Policarpo Sanz, nº15, 3º - 36202 - Vigo - Tel/Fax.: 986 438 475

Aviso Legal | Política de Privacidade | Panel de Control | Contactar

Deputación de pontevedra Xunta de Galicia: Consellería de Educación e Ordenación universitaria

Fundación Laxeiro Concello de Vigo